15 de xuño de 2016

A GUARDA

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA DA GUARDA  


Infogauda /A Guarda

 Dende este mércores día 15 e ata o vindeiro 28 de xuño queda aberto o prazo de inscrición para anotarse ao Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda.  

 Trátase dun Campamento dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2009, ambos incluídos, que terá lugar nas instalacións do CEIP A Sangriña dende o luns día 4 de xullo ata o mércores día 13 de xullo.   

 O campamento ten un prezo total de 60 euros e se realizará polas mañás, de 9,30 a 13,30h. Entre as diversas actividades que poderán realizar os rapaces e rapazas destacan:  

Mellora técnica de baloncesto, fútbol sala e voleibol como actividades principais. 

Práctica doutros deportes (pádel, fútbol 7, etc) e actividades complementarias. 

Actividades e competicións a través de xogos cooperativos. 

Competicións propias de cada deporte.  

 A presentación do Campus para as familias dos nenos e nenas terá lugar o sábado 2 de xullo ás 10h na Sangriña.   

 Todos aqueles que desexen inscribirse deben descargar a Ficha de Inscrición e a Autorización que atoparán na páxina web do Concello da Guarda, cubrilas e entregalas no Concello no Departamento de Deportes dentro do prazo de inscrición en horario de mañá. Unha vez rematado o prazo, a partir do día 28 de xuño, o concello da Guarda poñerase en contacto cos participantes para a realización do pago.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario