15 de xuño de 2016

A GUARDA

FOTOGRAFÍA

Presentación da exposición "Exodus" na Casa do Concello 

A exposición permanecerá na Casa do Concello ata o día 29 para que todo o que o desexe poida achegarse en horario de 8 a 14 horas

De esquerda a dereita: A concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez; a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz; o alcalde Antonio Lomba Baz; a deputada de Cohesión Social, Digna Rosa Rivas Gómez;  e a concelleira de Turismo e deputada de Emprego, Montserrat Magallanes Álvarez
Foto. C.A.G.

Infogauda / A Guarda


 No día de onte, 14 de xuño, ás 13:00 horas, tivo lugar na Casa do Concello da Guarda a presentación da Exposición “Exodus” que acolle o edificio consistorial ata o vindeiro día 29 de xuño.   

 A Guarda inicia así o percorrido desta mostra fotográfica, organizada pola Deputación de Pontevedra, que amosa fotografías sobre refuxiados tomadas polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago durante os meses de setembro e outubro de 2015.

  A este acto acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, a Concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, a Concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente Baz e a Deputada de Cohesión Social, Digna Rosa Rivas Gómez.   

 A mostra conta cun total de 30 obras que documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na busca dun novo fogar en Europa.   

 A exposición permanecerá na Casa do Concello ata o día 29 para que todo o que o desexe poida achegarse en horario de 8 a 14 horas e contemplar estas sobrecolledoras imaxes, que buscan concienciar sobre a situación dos refuxiados.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario