ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PRAZAS PARA O PLAN “DEPOTERMAL 2016”
Infogauda /A Guarda
O departamento de Servizos Sociais do concello da Guarda informa que está aberto o prazo para solicitar prazas para o Plan Termal “DEPOTERMAL 2016”, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres), nun Balneario da nosa provincia ou nun programa de pernoctación. Este ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico.
Destinatarios e requisitos dos mesmos:
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e cumpran algún dos seguintes requisitos:
1. Nacer antes de 1966, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) segundo o caso.
2. Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
3. Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.
O prazo de presentación das solicitudes, que se poden descargar na páxina web da Deputación, finalizará o 13 de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario