15 de maio de 2016

MOUGÁS (OIA)

Obradoiro de construción dunha cabana castrexa na Cabeciña

Está organizado pola Asociación Costa dos Castros. Será a partir das 16:00 h., e nel poden participar tanto adultos como nenos


Úrsula Neilson / Mougás

 O próximo luns día 16 de maio, a Asociación Costa dos Castros organiza un obradoiro para rematar unha cabana castrexa no castro da Cabeciña (Mougás, Oia). O obradoiro será a partir das 16:00 h., e nel poden participar tanto adultos como nenos.

Neste obradoiro poden participar maiores e pequenos 
Foto: Costa dos Castros

 A actividade consistirá en mesturar barro con palla e aplicalo nas paredes da cabana para facer o acabado, polo que haberá que ir preparados para mancharse.  

 “Trátase de rematar a cabana que se preparou para a Festa da Cervexa da Cabeciña e que pola chuvia non se puido rematar ese día” sinalan dende a Asociación. “É unha actividade ideal para compartir en familia. Nenos e adultos traballando xuntos.”  

 Ademais a Asociación ofrecerá unha merendola para os pequenos para repoñer as enerxías perdidas. A actividade é gratuíta e non é necesario apuntarse. Para máis información, no correo costadoscastros@gmail.com ou no teléfono 666 435 832.

Ningún comentario:

Publicar un comentario