13 de mar. de 2016

PONTEVEDRA

Durante a presentación da candidatura no XVII Congreso do PP de Pontevedra  Rueda: “representamos os sonos e as ilusións dos cidadáns da provincia e non os podemos defraudar”  

É un equipo máis reducido, xa que entende que é preciso unha maior operatividade e axilidade na toma de decisión. 

Ademais de apostar por unha nova xeración de dirixentes, tamén tivo en conta a alcaldes que levan tempo gañando eleccións, e que a provincia estivese ben representada. 

Agradeceu á militancia “ser a nosa voz, os nosos ollos e os nosos oídos”.  


Infogauda / Pontevedra

 O novo presidente do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, presentou ante o Congreso provincial unha candidatura na que integra a unha nova xeración de dirixentes, “que debe ser a que dea un paso á fronte e ofreza unha nova visión da política”. Esta é unha das tres principais premisas nas que se fixou para perfilar o seu equipo, no que tamén quixo apostar por alcaldes novos, sen olvidar aos que levan tempo xa gañando eleccións e que coñecen a política de proximidade; así como que a provincia estivese ben representada, non só por criterios territoriais, senón tamén no que se refire á súa diversidade. 

 Durante a súa intervención, incidiu en que “representamos os sonos e as ilusións dos cidadáns da provincia de Pontevedra en xeral, e dos 35.000 afiliados do PP en particular, e non os podemos defraudar”. Nesta liña, Alfonso Rueda comprometeuse ante a militancia a facer todo o que estea na súa man para respostar ás súas expectativas e para non defraudala.  Tamén lles agradeceu “ser a nosa voz, os nosos ollos e os nosos oídos”.    

 No que respecta ao equipo, é máis reducido que noutras ocasións, xa que entende que é preciso unha maior operatividade e axilidade na toma de decisións. Destacou que presenta un comité executivo “con mulleres e homes de perfil urbano e rural; políticos novos e veteranos, cunha media de idade de 40 anos; alcaldes consagrados, rexedores que se estrean e voceiros da oposición; e persoas da xeración do twitter e tamén dos que coñeceron a tele con carta de axuste”.  De todos os xeitos, convidou a que “todas aquelas persoas que queiran traballar, estén nou non na lista, aquí van ter sitio para facelo”.  

 Xunto con Alfonso Rueda, estarán no comité executivo provincial Jose Manuel Cores Tourís, como secretario xeral; Nidia Arévalo, como vicepresidenta; e Elena Muñoz, como vicesecretaria.  

 No que respecta aos coordinadores executivos, haberá un equipo de oito persoas. Luisa Piñeiro será a coordinadora de organización; Jorge Cubela, de participación e novos canles de comunicación; Jose Juan Durán, de acción electoral; Luis Aragunde, do Mar; Miguel Dubois, de Medio Rural; Marián García, de Política Social e Igualdade; Nava Castro, de Política Económica e do Emprego; e Jose Benito Suárez Costa, de Relación cos Afiliados.  

 Créase ademáis a figura do coordinador comarcal, que fará de enlace entre os diferentes concellos dunha comarca e a propia dirección provincial. Os coordinadores comarcais serán: 

· Baixo Miño: Cristina Correa Pombal
· Caldas – Umia: José María Bello Maneiro 
· Condado: Marta Valcárcel Gómez 
· Deza: Luis López Diéguez 
· Morrazo: María Ramallo Vázquez 
· Paradanta: Miguel Domínguez Alfonso 
· Pontevedra: Ángel Moldes Martínez 
· Salnés: Lourdes Ucha Varela 
· Tabeirós: José López Campos 
· Val Miñor: Jesús Vázquez Almuíña 
· Vigo: Javier Bas Corugeira    

 Ademais hai 22 vogais, que se suman aos membros natos do comité executivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario