4 de mar. de 2016

CAMPOSANCOS

ACTO DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO NO DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS

Será o día 8 de marzo - Día Internacional da Muller -, ás 20:00 h., no salón de actos da Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos


Infogauda / Camposancos

 A Xunta Rectora da Comunidade Veciñal de Montes en Mán Común de Camposancos, organiza un acto de Homenaxe a Rosalía de Castro, que terá lugar o vindeiro día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Comunidade.

 "Este acto é para nós, o que marca o inicio de unha nova forma de facer as cousas. Reximos esta Comunidade dende tan solo fai vinte días e xa somos capaces de organizar un acto que por humilde, non deixa de ser indicativo das nosas intencións é esas son, que sin deixar de atender o monte, non nos esqueceremos da Cultura do pobo", dixo a este xornal dixital, José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.

 O programa previsto para ese evento, comezará con unha proxección de fotografías antigas.

 A continuación, lectura de manifesto e poemas, acompañados a guitarra por Bieito Álvarez, por: Ana Serrano, Lucía Martínez e Lucía De Lorenzo.
                  
 De seguido actuarán: 

 · Tino Baz e o Coro Cantares do Brueiro.
 · Grupo de Pandeiretas e Tamboril, de Nacho.

 Entre medias admitirase que algún espontáneo poida recitar unha poesía.

 Este acto será gratuito para todo o público en xeral. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario