A Xunta entrega ao Concello de A Guarda a obra finalizada de recuperación medioambiental do vertedoiro de entullos do Monte Torroso
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Medioambiente, Paulino Rodríguez González, visitaron esta zona rehabilitada, que é propiedade da Comunidade de Montes de A Guarda.
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
A Xunta de Galicia fixo entrega ao Concello de A Guarda a obra finalizada de adecuación e clausura do vertedoiro de entullos do Monte Torroso. Esta actuación fíxose ao abeiro do establecido na orde que regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito de Galicia.
Con este xesto, e despois de varios meses de traballos, dáse por finalizada esta actuación que contemplaba a recuperación medioambiental do vertedoiro e a adecuación á normativa a este espazo.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Medioambiente, Paulino Rodríguez González, visitaron esta zona rehabilitada, que é propiedade da Comunidade de Montes de A Guarda.
Nota de Redacción de Infogauda: Coa nota de prensa que reproducimos, o executivo municipal do Concello de A Guarda corrixe un erro que se reflectiu na información publicada no día de onte. O devandito erro, ten relación directa coa titularidade da zoa rehabilitada, que é propiedade de Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, e non da Comunidade de Salcidos, como se nos había comunicado na correspondente nota de prensa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario