Nova oferta formativa e lúdica da OMIX de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A OMIX do Concello de A Guarda sigue adiante coa programación de actividades de formación e lúdicas previstas para os próximos meses. Os cursos programados son:
• Monitor de tempo libre. Esta formación desenvolverase durante os fines de semana a partir de finais de marzo. O prezo é de 198€.
• Smartphone. Aliado na busca de emprego, obradoiro práctico e orientado á axuda da búsqueda de traballo. Data realización 31 de marzo de 18:00 a 21:00 horas.
• Lineografía: taller de iniciación de gravado. Un obradoiro artístico que tratará de achegar a técnica de gravado as persoas participantes. Datas de realización 5,7, 12 e 14 de abril de 19:00 a 21:30 horas. Prezo 30€.
• Obradoiro: unha camiseta, tres usos. Obradoiro que segue a filosofía do faino ti mesmo e da reutilización de materiais. Data realización 20 de maio de 19:00 a 21:30 horas.
Para informarse ou inscribirse en calquera destas accións as persoas interesadas poden chamar á OMIX ou poñerse en contacto a través do facebook ou mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546.
Ningún comentario:
Publicar un comentario