5 de dec. de 2015

PONTEVEDRA

Sarmiento visto por Filgueira: o antecedente sarmentiano do Seminario de Estudos Galegos

Este artigo recolle a intervención de María Mercedes Álvarez Lires nas Xornadas Filgueira Valverde na cultura galega do século XX que tiveron lugar no Sexto Edificio do Museo o 11 de novembro de 2015.

María Mercedes Álvarez Lires

Infogauda / Pontevedra

 A investigadora e divulgadora científica da Universidade de Vigo, que en 1998 publicou a súa tese de doutoramento sobre a figura do monxe benedictino, persoeiro clave na investigación e a recuperación da cultura de Galicia, tratou de dar a coñecer o antecedente sarmentiano do Seminario de Estudos Galegos, que aparece claramente reflectido nos escritos do profesor Filgueira Valverde.  

 En palabras da autora, Filgueira Valverde sempre considerou unha honra e un deber executar o testamento “espiritual” de frei Martín Sarmiento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Cultura e Educación pon en marcha no Gaiás a construción do Xardín Literario e da área infantil inspirada en Urbano Lugrís 


O Xardín Literario englobará un espazo verde de 11.700 metros cadrados cunha plantación de árbores que evocará as follas dun libro, un tapiz vexetal para as paredes verticais, un estanque e un miradoiro 

As obras da área de lecer para nenos inspirada nos monstros mariños de Urbano Lugrís comezarán en xaneiro e estarán rematadas a finais de marzo 

O avance na rede de sendas e no sistema de iluminación fotovoltaico do Bosque de Galicia permitirá que se abra ao público ao inicio da primavera 

                                      Proxecto de Urbano Lugrís


Infogauda / Santiago de Compostela

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, iniciará nos próximos días as obras do Xardín Literario, o proxecto deseñado pola arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola que transformará nun espazo verde dedicado ás letras galegas e ao goce da natureza un dos baleiros dos edificios non construídos do Gaiás.  

 Ademais do Xardín, a área de lecer infantil inspirada nas criaturas mariñas do artista coruñés Urbano Lugrís, cunha balea como elemento central, atópase xa en fase de inicio dos traballos. As obras desta nova zona, que conectará o norte da Cidade co Bosque de Galicia, comezarán en xaneiro e estarán rematadas en primavera. Nese momento xa estará lista a rede de sendas e o sistema de iluminación fotovoltaica de baixo consumo do Bosque de Galicia.  

 Con estas actuacións en marcha, o Bosque de Galicia abrirase ao público a finais de marzo, permitíndolles aos cidadáns gozar deste novo pulmón verde no que se teñen plantado máis de cinco mil árbores de especies autóctonas e que se poderá recorrer camiñando a través dunha rede de tres quilómetros de sendeiros.  

 Todas estas actuacións intégranse no Plan de Humanización da Cidade da Cultura impulsado pola consellería de Román Rodríguez co triple obxectivo de aumentar as opcións de lecer ao aire libre, deporte e actividades culturais, achegar o Gaiás á cidade de Santiago e contribuír a que os visitantes o perciban como unha obra rematada. 

Proxecto de Urbano Lugrís

Letras e natureza 
 Coa creación do Xardín Literario, a Cidade da Cultura ofrecerá unha área destinada á natureza e ás letras, un novo espazo verde onde renderlle unha homenaxe aos poetas e escritores galegos. A encargada do proxecto foi a arquitecta Isabel Aguirre, premio María Josefa Wonenburguer 2015 e responsable de actuacións tan destacadas como a rehabilitación do parque de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto a Álvaro Siza. No proxecto do Xardín Literario, Aguirre traballou co Grupo de Investigación da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.  

 A súa proposta desenvolve unha superficie verde de 11.700 metros cadrados onde se plantarán 14 especies diferentes de árbores, evocando na súa disposición as follas dun libro. Nas paredes do baleiro, de ata oito metros de profundidade, medrará un tapiz vexetal de 13 especies diferentes de trepadoras e herbáceas, plantas que evolucionarán con liberdade creando un “xardín dinámico”, inspirado nas teorías da paisaxe do francés Gilles Clémant.  

 O Xardín Literario, que estará aberto ao público na primavera, contará cun estanque, un mirador, áreas de descanso e un punto de información para os visitantes. Os traballos serán realizados pola empresa pública Tragsa.  
 A balea de Lugrís 
 No norte da Cidade da Cultura comenzará en xaneiro a construción da área de lecer para nenos inspirada no universo de Urbano Lugrís, un dos grandes artistas plásticos galegos da primeira métade do século XX, famoso polos seus debuxos de criaturas mariñas.  

 De feito, no centro deste novo espazo levantarase unha balea que funcionará á vez como unha estrutura para o xogo e como un elemento icónico. Inspirada nos debuxos de Lugrís, este animal remite tamén ás referencias de Peter Eisenman no libro Codex, onde compara o museo coa esquelete dun destes animais mariños.  

 Ao redor da balea e desta área infantil, o estudo compostelá de arquitectura RVR deseñou un espazo para o descanso, con sombra, auga e vexetación, que dará continuidade á atmosfera onírica e irreal de Lugrís, cun estanque de agua recollida da chuvia no que medrarán plantas acuáticas e ao redor do que se disporán nove cestos xigantes -de case dous metros de altura-, que funcionarán como xardíns verticais onde crecerán bidueiros e outras prantas.  

 Esta área de lecer infantil estará adaptada para que poida ser empregada por nenos con diversidade funcional.

CULTURA

O FRÍO AZUL, DE RAMÓN CARIDE OGANDO, UN RELATO QUE NON DEIXA INDIFERENTE A NINGUÉN

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada”


Infogauda / Redacción

 O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española independente. Agora chega ás librarías a edición definitiva en lingua galega, que conta con unha gran cantidade de material inédito e un coidado traballo de revisión e edición.  
 O frío azul é un relato desacougante, que nos leva ao corazón de Ourense, onde se ergue impoñente e silandeiro o Mosteiro de Oseira. Até alí chega un viaxeiro desafiando a nevarada. Carrexa consigo unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu espírito mancado e, sobre todo, a ansia por coñecer a calquera prezo a razón da insólita desventura que agocha. Aos poucos, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais irán minando a súa afouteza.  Os camiños impensados que se abrirán ante el, desde o val de Xálima ao Courel, de Toledo ao Orcellón, hano levar sen remisión cara a un final desacougante.  

 O frío azul mestura acertadamente o relato de viaxes, a narración histórica e a recreación folclórica, entre outros elementos, para tecer unha inesquecíbel trama de sorprendente actualidade.
 Realidade Aumentada 
 A cuberta do libro leva incrustada unha capa de “Realidade Aumentada”, unha xanela aberta ao futuro do libro en papel coexistindo co dixital.  

 Urco editora decidiu dar un paso avante na implementación das novas tecnoloxías dentro do mundo da edición. Con este libro somos pioneiros dentro do sistema editorial galego, no uso da Realidade Aumentada, un sistema tecnolóxico que, mediante un dispositivo móbil, combina a visión da contorna física con elementos dixitais.

 En O frío azul, o visionado da cuberta a través da aplicación gratuíta Layar (para móbiles e tablets), permítenos acceder ao booktrailer da obra e a unha serie de ligazóns á web da editora e ás redes sociais. Mais o realmente anovador non é podermos acceder a esta información, senón que todos os elementos desta capa virtual están “ancorados” fisicamente ao libro, e móvense en coordenadas tridimensionais.  

 Polo momento esta é unha humilde mostra, mais consideramos que é o primeiro chanzo cara a un mundo no que o dixital engada valor ao libro en papel, o punto de confluencia de dous mundos que non deben estar enfrontados e que nos ofrece posibilidades sen fin.  

 Pode semellar incómodo termos que visualizar as páxinas dun libro a través dun dispositivo móbil, mais en poucos anos, o emprego xeralizado de “lentes intelixentes”, fará desta unha tecnoloxía fundamental para a cadea de valor do libro e de todos os soportes físicos. E é por iso polo que Urco editora decidiu colocar a primeira pedra desta senda no sistema literario galego.

Ramón Caride 
Nº DE PÁXINAS: 140 
FORMATO: 133 x 210 mm 
ISBN: 978-84-15699-18-7

RAMÓN CARIDE OGANDO

 Leva publicadas máis de cincuenta obras de moi variados xéneros e conta con numerosos premios. A súa pentaloxía de ficción científica para lectores novos, protagonizada por Said e Sheila, iniciada con Perigo vexetal (Premio Merlín 1995), supuxo un fito na literatura xuvenil galega. En 2011 iniciou, con Exogamia 0.3, unha nova serie de fantasía científica.  

 Urco Editora publicou en 2014, Flash-Black 13, antoloxía dos seus relatos fantásticos

O ROSAL

O DEPORTE NO CONCELLO DO ROSAL ESTÁ DE NORABOA

Infogauda / O Rosal

 Desde o executivo municipal do Concello do Rosal, salientan que unha vez máis os nosos magníficos deportistas destacaron en diferentes competicións deportivas, celebradas recentemente e algunhas delas en lugares ben afastados do Rosal, así destacamos a:

GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO (A Lomba), que volveu a quedar Campión de España de Trial Junior, na localidade barcelonesa de Cal Rosal.


VERÓNICA PÉREZ PACHECO (Pancenteo),  judoka que se proclamou  en Avilés campioa da Supercopa  de España, categoría infantil.


ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ (Marzán), ven de gañar a segunda edición do Trail Serverí, carreira por montaña celebrada en Mallorca.


DIEGO SANTOMÉ PÉREZ (Couselo), acadou o 2º posto do podio na Copa de Galicia de ciclocrós, XVII Trofeo Montes de Eiras, categoría Infantil.


MARIO FERNÁNDEZ LORENZO (Novás), categoría Cadete.   Nesta modalidade deportiva de Ciclismo temos tamén que felicitar ao Club Ciclista O Rosal, pola magnífica labor de equipo que leva a cabo cos seus membros.


BRAYAN GONZÁLEZ BARBOSA (A Lomba), que con tan só 14 anos, ven de acadar dous segundos postos nas competicións de Taekwondo: Open Internacional de Moaña e Campionato Internacional de Riveira.


 IVÁN PEREIRA PÉREZ (A Fecha), que logrou o 3º posto no II Campionato Nacional de Dardos Phoenix, xunto aos outros catro compañeiros pontevedreses.


 A todos eles a nosa máis cordial felicitación e o noso desexo dun futuro cheo de novos éxitos deportivos.

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL ORGANIZA A II CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE DO ROSAL O VINDEIRO 31 DE DECEMBRO



 Infogauda / O Rosal

 A iniciativa xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles. Por esa razón,  non existen premios non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios.   

Categoría Infantil : de 0 a 14 anos 
•    De 0 a 5 anos (non participan no sorteo xa que recibirán todos un agasallo) 
•    De 6 a 10 anos 
•    De 11 a 14 anos  
Categoría Xuvenil – Adulto:  
•    De 15 a 20 
•    De 21 en adiante.  

 Os productos ou servizos  sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa e que son os que seguen; A Cantina, Restaurante Juan, Sara Carrera, Peluquería Ignacio, O galopín, Milar O Rosal, Activa Dixital O Rosal, Tenda Paquín, Exclusivas Alonso, Pastelería O Conde, Augaluz, Floristería Abril, Confitería Rogelio do Rosal, Spa Esenttial nº 5, Electricidad O Rosal, Segunda Vuelta, Parafarmacia Villa, M&N Peluquería y Belleza, Mundoniños, Puntera Zapatos, DC Peluqueros, Perfumería Pili, Papelería Colores, Ferretería O Calvario, aínda que se están engadindo máis participantes a día de hoxe. 


Percorrido 1,02 qm camiñando                                  Percorrido 5,142 qm correndo

O percorrido realizarase polo casco urbano do Rosal cun total de 5.142 mts no caso da carreira e de 1.02 mts no caso das persoas que prefiren non correr.  A entrega de dorsais efectuarase  no momento de pago da cota de inscrición no Concello do Rosal. A saída será ás 11.00 para a carreira de 5km e ás 11,30 os que opten por facer o percorrido de 1km. Ó finalizar os participantes poderán tomar un chocolate quente mentres se realizan o sorteo dos premios patrocinado por Mas Instalaciones.   
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 18 DE DECEMBRO  
Inscricións (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986 625 000, no Facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es . 



TOMIÑO

O Concello de Tomiño organiza “Nadal no mercado”.




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación do “Nadal no mercado”. Toda unha serie de actividades dirixidas a todos os públicos que se iniciou este sábado coa gravación en directo do programa radiofónico de Radio Vigo Ser, “la guía gastronómica” conducido por Carmen Albo, autora do blog de cociña “guisándomela vida”. A gravación será dende o mercado municipal de 13h00 a 14h00. 

 Este Nadal o mercado municipal está de aniversario e celebrarao con dúas feiras. Por un lado, o fin de semana do 12 e 13 de decembro Adeto organiza o “mercado gastronómico e artesanal” en horario de 11h00 a 21h00 en horario continuo. Por outro lado, o 1º andar do mercado albergará un espazo gastronómico con postos de comida e bebida dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 12h a 15h00 e de 19h00 a 22h00. Este Nadal, os máis pequenos contarán cunha programación dirixida a eles. Por un lado, contaremos con obradoiros de manualidades promocionados por varios postos do mercado en horario de 17h00 a 19h00. As datas será o 10 de decembro con “ a miña libreta decorada” co apoio de Bacalaos Barcas; o 15 de decembro con “decorar en nadal” promovido por Floristería Montse; e 18 de decembro con “a bola de cristal”, actividade promovida por Panadería Morales. 

 Ademais, contaremos con obradoiros de cociña para nenos de 5 a 12 anos. Haberá dúas turnas, unha os días 21, 22 e 23 de decembro e outra, os días 28, 29 e 30 de decembro. 

 Os obradoiros de cociña terán un custo de 5€, e os obradoiros de manualidades de 2€ salvo o do día 15 de decembro que será de 3€. 

 O mercado ademáis, organizará un sorteo co premio de 1.000€ e anuncia que a gravación do programa Larpeiros da semana pasada sairá o día 24 de nadal.

TOMIÑO

Convocatoria axudas Cabalgata de Reis Concello de Tomiño 


 Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño aprobou na Xunta Local de Goberno do 4 de decembro de 2015 a convocatoria de axudas para organizar a Cabalgata de Reis do próximo día 5 de xaneiro de 2016. O prazo para presentar as solicitudes comeza o próximo día 7 de decembro e remata o día 11 do mesmo mes. Pode consultar o contido no seguinte enlace:  

A GUARDA

REMO ERGÓMETRO

DAMIÁN ALONSO: UN AÑO MÁS

El día 17 de enero de 2016 participará en el Campeonato de Europa que se disputará en (Gÿor) Hungría


Infogauda / A Guarda

 Se llama Damián Alonso Alonso. Es natural y vecino de A Guarda. Su deporte es el remo. De hecho esa actividad deportiva forma parte de su forma de ser. 

 El remo es un deporte muy sacrificado. Mucho entrenamiento, mucha renuncia,..., pero Damián ha demostrado que pese a todo, también tiene muchas compensaciones. De hecho ha logrado éxitos que parecían impensables para una localidad - A Guarda -, que pese a vivir de cara al mar y a contar con un espacio idóneo para los entrenamientos como es el río Miño, hasta hace unos años, no parecía muy predispuesta hacia el deporte del remo. Sería, en buena hora, el Club de Remo Robaleira, y todo ese equipo humano que en torno al mismo se moviliza, la entidad que promovería, como nunca se había hecho hasta entonces, el remo como deporte en el municipio de A Guarda.

 El Club de Remo Robaleira es toda una institución deportiva que nos ha deparado muchas satisfacciones, aunque no siempre ha obtenido el merecido respaldo que todos le debemos. 

Damián Alonso Alonso, en Boston (EE.UU.)

 Una situación semejante acontece con Damián Alonso Alonso. Cuenta con un palmarés deportivo envidiable y sin embargo tiene dificultades para obtener el apoyo crematístico que le permita acudir, sin ningún tipo de condicionantes materiales, a destacados eventos deportivos de ámbito internacional.  Aunque el principal capital es él mismo, como tantas veces lo ha demostrado, para obtener la financiación necesaria siempre se ve en apuros. Lo ideal sería que por parte de quienes corresponde, se le apoyase para que lo económico no fuese su preocupación. Bastante tiene con su nivel de preparación previa. Un trabajo en la sombra que él conoce como nadie.

 La situación nos la resume Damián con estas palabras: 
 "Un año más, participaré en el Campeonato de Europa de Remoergómetro, y un año más correré con los gastos. Sin ayudas por parte de las administraciones, volveré a hacer lo que más me gusta, lo que me libera y me hace más humilde. Después de dos años escuchando que habría ayudas por parte del concello, y que a mi me correspondería una, a día de hoy todavía nada. Cierto es que se ha avanzado y se aprobó en pleno esas ayudas, pero ¿para cuando? ¿Se cobrará este año 2016? ¿O habrá que esperar al 2017 para contabilizar los resultados de 2016? ¿Dónde está esa ayuda que el concejal de deportes me dijo que me correspondería? 

 Dos oros (2013 y 2014) y una plata (2015) en el Campeonato de Europa, una plata (2015) y dos bronces (2013 y 2014) en campeonatos del mundo, a lo que hay que sumar el primer puesto por equipos (2015).  

 Intentaré buscar un sponsor, o varios pequeños para poder ir al Mundial en Febrero, ahora a centrarse en el europeo, el día 17 de enero en Hungría".