24 de mar. de 2015
OIA
TRIBUNA ABERTA
HAI ALGUEN QUE NON RESPECTA O TRABALLO ALTRUISTA DOS DEMAIS
Manuel Ángel Pombal Diego / Oia
Por desgraza parece que abundan as persoas que gozan desfacendo o que fan os demais, xente impresentable e incualificable que se ri do traballo dos demais, neste caso concreto do traballo desenvolvido por uns 20 voluntarios o pasado domingo na costa de Oia baixo a coordinación de ANABAM. Retiráronse máis de 55 sacos de lixo da costa e uns 13 deses sacos quedaron á beira da estrada vella na zona de Xilias para seren retirados por operarios do concello de Oia. Pois ben, onte puiden comprobar como 3 ou 4 sacos foran baleirados e roubados (penso que esa é a causa). Hoxe, acabo de pasar polo mesmo sitio e comprobei que tan só quedan 4 ou 5 sacos cheos; todos os demais foron baleirados e roubados. Incrible que isto aconteza en pleno século XXI. En fin, .... Imaxino que sexa quen sexa, seguirá baleirando e roubando todos os sacos que quedan (e ríndose do traballo feito por un grupo de voluntarios vidos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia, Vigo e Cangas). Pois que lle cunda!!
Deixo dúas fotos, unha de onte, con varios sacos baleirados e outra de hoxe. Menuda desfeita por roubar uns sacos de rafia!!
Publicado por
Infogauda
ás
23:48
1 comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
Xavier Vence presenta a candidatura "BNG-Asembleas Abertas" encabezada por Ángel Baz para as eleccións municipais da Guarda
O acto de presentación terá lugar este xoves día 26 ás 21h no Centro Cultural da Guarda
Mercedes Martínez (Merchi), Xan Lois Lomba, Ángel Baz, Beatriz Lomba e Benito Alonso (Mansa). Os cinco membros da candidatura BNG-Asembleas Abertas que xa foran anunciados.
BNG/ A Guarda
Este xoves presentarase o equipo de persoas que conforman a candidatura BNG-Asembleas Abertas para presentarse ás próximas eleccións municipais na Guarda.
No acto de presentación do equipo municipal participará Hortensia García, concelleira na Guarda, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG e Ángel Baz, candidato á alcaldía.
Como xa se adiantou no seu día, Ángel Baz, ben coñecido na nosa vila polo seu traballo como activista, organizador e dinamizador nos ámbitos empresarial e socio-cultural, será a persoa que encabece a candidatura nacionalista. Nesta ocasión, tralo proceso de suma de novas persoas que participaron nas Asembleas Abertas, a candidatura incorpora xente que destaca polo seu compromiso e a súa participación nos movementos sociais e cidadáns na Guarda. O propio candidato á alcaldía é un claro exemplo.
Desde o BNG, convidámosvos asistir a este acto de presentación e tamén a participar e enriquecer coas vosas propostas o proxecto que imos levar a cabo para gobernar a Guarda desenvolvendo os seus múltiples recursos. Queremos que veñades con nós para construír un novo modelo, na mesma liña da calidade que gozan as vilas e cidades gobernadas hoxe polo BNG.
(R.)
Publicado por
Infogauda
ás
23:48
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
Xornada solidaria coa III edición do Encontro Anarquista do Libro en A Guarda
Sábado 11 de abril, a patir das 20 horas, no C. S. Fuscalho
Da Vid / A Guarda
O sábado 11 de abril poderedes disfrutar, no C. S. Fuscalho, dunha xornada solidaria coa III edición do Encontro Anarquista do Libro en A Guarda (24, 25 e 26 de abril), dita xornada comezará a partir das 20 horas coa proxección do documental “Ciutat Morta” para despois continuar cunha cea vegana e posterior concerto con “PathetikSS” e “Murdock’s Murder”.
Agardamos que sexa do voso interese e que axude a facer menos longo o tempo de espera para esta III edición do encontro. Desculparnos tamén polo retraso coa programación debido a uns imprevistos de última hora, en breves publicaremola para maior información e difusión.
Proxección/Coloquio: CIUTAT MORTA
En xuño de 2013, un grupo de 800 persoas ocupan un cine abandonado no centro de Barcelona para proxectar un documental. Rebautizan o antigo edificio en honor a unha moza que se suicidou dous anos antes: Cinema Patricia Heras. ¿Quen era Patricia? ¿Por que se quitou a vida e que ten qué ver Barcelona coa súa morte? Isto é exactamente o que se quere dar a coñecer con esta acción ilegal e de grande impacto mediático: que todo o mundo saiba a verdade sobre un dos peores casos de corrupción policial en Barcelona, a cidade morta.
Para máis información premer eiquí.
Cea vegana + Concerto:
PathetikSS:
Dende o Baixo Minho amosando o que eles chaman Ruido Terrorista.
Veñen dende Coia a demostrar que os macarras tamén teñen un lado sensible.
Os cartos recadados destinaranse para axudar a sufragalos custos de organización do Encontro Anarquista do Libro.
Publicado por
Infogauda
ás
23:48
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
LA PINTORA GEMMA MARQUÉS REDONDO MOSTRARÁ SU OBRA EN TORDESILLAS (VALLADOLID)
La artista afincada en A Guarda, va a exponer en las Casas del Tratado de Tordesillas, Valladolid
La artista afincada en A Guarda, va a exponer en las Casas del Tratado de Tordesillas, Valladolid
Gemma Marqués Redondo, en su estudio de La Casa Taller, en A Guarda, ante uno de los retratos de su autoría - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Se trata de la primera muestra individual conmemorativa de los 10 años como retratista de la pintora. En ella se podrá ver una selección de retratos al óleo por encargo pintados en los últimos 10 años, incluido el nº 100.

También mostrará cuadros de las series pictóricas de Vespas y Trampantojos.
La inauguración será el viernes 27 de marzo a las 8 de la tarde, con vino español.
Entrada libre.
La exposición podrá visitarse hasta el día 6 de abril de 2015, abierta todos los días de 11 a 14 y de 17 a 21 horas.
Mas información en su página web.
Publicado por
Infogauda
ás
23:46
0
comentarios
((•)) Escucha este post
GOIÁN
O concello de Tomiño reabre o auditorio de Goián e acondiciónado como Escola de Música
Infogauda / Goián
O Concello de Tomiño reabriu as súa portas o pasado domingo nunha tarde na que o alumnado da Escola de Música, da Escola de Teatro e da treboada “Os da Fonte do Frade” armonizaron unha xornada repleta de sorpresas. Ata o de agora executáronse dúas fases das catro que se teñen previstas. Nestas primeiras fases a reforma consistiu en adecuar as instalacións para a escola de música que imparte as súas clases dende dende hai máis de 10 anos. O anexos do auditorio non contemplaban as necesidades que require impartir clases musicais o que dificultaba o bo funcionamento da escola.
Esta reforma supuxo a autonomía do funcionamento da escola de música do auditorio permitindo ser usadas de forma independente. Así creouse unha entrada independente para a escola de música e mellorouse a existente que daba acceso ao auditorio coa ampliación do hall e a creación de novos baños.
A Escola de Música, pola súa parte, gañou en espazos adaptados a súas necesidades como unha oficina para a xerencia, un local de ensaio para a Agrupación Musical, unha biblioteca-fonoteca e unha aula de ensaio de uso múltiple.
As novas aulas están perfectamente insonorizadas e cumpren coas normativas vixintes para adaptar o seu uso a ensinanza musical.
O entorno do auditorio tamén se beneficiou dunha actuación na que se humanizou os arredores do auditorio e do pavillón acompañandose de bancos e arbolado.
A reforma tamén mellorou a accesibilidade que se complentará nas seguintes dúas fases que están en periodo de contratación. Nestas novas fases ampliarase a escola de música con máis aulas nas que novamente se contemplarán as melloras para o desenvolvemento das aulas.
Nestas 3ª e 4ª fases tamén o auditorio experimentará cambios cunha apliación do mesmo para camerinos e coa creación dun acceso directo ao escenario do que ata agora carece.
Orzamentariamente, nas dúas primeiras fases que foron executadas o importe supuxo 300.000 euros a cargo de fondos propios municipais. As dúas fases pendentes de contratar serán financiadas por fondos europeos (140.000 euros) e Deputación de Pontevedra (170.000 euros).
Os metros cadrados que foron intervidos até o de agora supoñen 585. Nas seguinte fases serán 381 metros cadrados.
A reforma e ampliación do auditorio de Goián era unha das peticións da Agrupación Musical de Goián que se encarga da ensinanza musical dos nenos e nenas do concello, máis de 150 alumnos. Un bo equipamento para as mesmas supón facilitar o aprendizaxe para o alumnado pero tamén unha maior profesionalización dunha escola que ano a ano crece na súa calidade formativa.
A Escola de Teatro e as clases dos treboeiros “Os da Fonte do Frade” tamén se verán beneficiados destes investimentos e os tres colectivos disfrutarán dunhas instalacións sofisticadas e eficientes.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “a reforma e a ampliación do auditorio era unha necesidade para os nenos e nenas que toman aulas de música. A súa eficiencia é para o equipo de goberno un motivo fundamental para investir porque o futuro dos mozos e mozas de Tomiño pasa pola cultura”.
Publicado por
Infogauda
ás
23:45
0
comentarios
((•)) Escucha este post
OURENSE
Vídeo-creación, vídeo-xogos e tendencias dixitais, este mércores no "Ourense ICCWeek", en San Pedro de Rocas
Infogauda / Ourense
O mundo da vídeo-creación, os vídeo-xogos e as tendencias dixitais son os temas que se debaterán este mércores día 25 de marzo, no marco do "Ourense ICCWeek", o evento que reúne esta semana na provincia de Ourense en torno ao ámbito audiovisual a expertos, emprendedores, empresarios e público en xeral.
Este mércores, no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), entre as 10.30 e as 13.30 horas, abórdase o tema do "Mundo da vídeo-creación: mapping, demoscene e motión graphics". Pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, tratarase o tema de "Vídeo-xogos e tendencias dixitais". Nos relatorios participarán Óscar Testón, director Vjspain, referencia en España no vídeo-mapping; Cristina de Silva e Nacho de la Vega, do colectivo artístico centrado na fotografía, o vídeo, os directos audiovisuais, o son e as instalacións multimedia; Eloi Maduell, enxeñeiro en informática especializado en audiovisuais en directo; Juanjo Fernández, experto en mapping e grandes proxeccións; Francisco Javier Rodríguez e José Manuel Louro, fundadores de RLS e membros da directiva da asociación española de desenvolvedores de videoxogos DEV; Gilberto Sánchez, director editorial de Virtual Toys e membro da directiva da asociación española de empresas produtoras e desenvolvedoras de videoxogos e Software de entretemento; Sergio Galán, enxeñeiro de Telecomunicación; Oriol Rosell, produtor de música electrónica e socio fundador de PatchWorks, e Óscar Mulero & Fium, que presentan "Biolive", un directo audiovisual no que a música en directo de Óscar Mulero, a xeito de diálogo, atópase co mundo visual do colectivo artístico "Fium".
Os obxectivos do Ourense ICCWeek son presentar a Ourense como unha área economicamente atractiva, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais, e atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar contactos profesionais. Tamén se pretende transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.
Asemade, o encontro ten como finalidade xerar canles de comunicación entre emprendedores, empresarios e expertos do sector audiovisual e sensibilizar sobre a importancia das industrias culturais e de entretemento como oportunidades laborais e de negocio.
Publicado por
Infogauda
ás
22:41
0
comentarios
((•)) Escucha este post
VALENÇA
Valença um destino com sabor
Câmara valoriza e potencia Turismo Gastronómico
Infogauda / Valença
Valença está a fazer uma aposta estratégica no turismo gastronómico com um calendário anual de eventos que promovem os produtos mais emblemáticos potenciados, todo o ano, por uma restauração que tem primado pelo aproveitamento dos recursos locais.
O turismo gastronómico é um dos sectores que mais tem crescido, nos últimos anos, em Valença e apresenta-se como fundamental para a captação de novos turistas e reforçar a atratividade da cidade que tem como grande âncora o turismo patrimonial, com a Fortaleza e o turismo verde com a Ecopista do Rio Minho.
Sabores da Lampreia, por onde passaram cerca de 5 mil comensais, Sabores da Aldeia que se aproxima de 17 a 19 de abril, os Sabores Serranos em 13 a 14 de junho e os Encontros Galaico-minhotos, com o cabrito à Sanfins em Julho, são alguns dos grandes eventos gastronómicos do calendário anual de Valença.
Domingos Gastronómicos, com o Bacalhau à São Teotónio, o Caldo Verde de Valença, uma das 7 Maravilhas Gastronómicas de Portugal abrem o calendário anual de eventos na restauração. Um inicio do ano que arranca, também, com a lampreia do Rio Minho Um Prato de Excelência que, em fevereiro e março, é a rainha dos sabores do nosso rio.
Probe Valença, com o Bacalhau à Contrasta, arrancará em breve, também, com um novo marco na restauração valenciana ao apresentar um prato local comum a todas as unidades de restauração. Na doçaria, os celebres valencianos, um doce à base de chila, é o cartaz doce de eleição de Valença.
Sessenta e quatro unidades de restauração, distribuídas pelo concelho, apresentam uma ampla oferta gastronómica, onde o bacalhau é o prato de eleição, reconhecido por toda a Península Ibérica.
Vinte unidades hoteleiras proporcionam estadias, para os mais diversos gostos, desde a Pousada de São Teotónio até às casas de turismo rural.
Uma calendário cultural de atividades, onde a cultura e o património se entrelaçam numa oferta singular e genuinamente local dão a Valença uma referência regional.
Publicado por
Infogauda
ás
22:38
0
comentarios
((•)) Escucha este post
TURISMO
A DEPUTACIÓN PREMIA A 188 EMPRESAS E ESTABLEMENTOS POLA SÚA CALIDADE TURÍSTICA
Infogauda / Pontevedra
O presidente Rafael Louzán presidiu esta mañá o acto de entrega dos diplomas e distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística (Sicted) co destino Rías Baixas.
Vista parcial da zoa do Puntal, en Camposancos (A Guarda)
Foto: Infogauda
Infogauda / Pontevedra
O presidente Rafael Louzán presidiu esta mañá o acto de entrega dos diplomas e distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística (Sicted) co destino Rías Baixas.
188 empresas e establecementos da provincia dePontevedra recibiron esta mañá das mans do presidente da Deputación, o distintivo que “premia o traballo, a dedicación realizado último ano nesa aposta pola calidade que xa se ven realizando no sector turístico co fin de ir un eslabón máis na procura da excelencia turística”, segundo manifestou na súa felicitación aos galardoados, Rafael Louzán.
188 DISTINTIVOS DE CALIDADE
Turismo Rías Baixas foi pioneira en España na implantación deste Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED).En 2014 realizouse a 9ª fase deste Plan de Calidade destinado a empresas que desarrollan a súa actividade nas Rías Baixas. E esta mañá distinguiuse a 48 novas empresas e renovouse a marca a outros 140 establementos que xa participaran en anteriores fases, logrando un total de 188 empresasdistinguidas na provincia de Pontevedra.
Agrupados en 17 categorías (13 Axencias de viaxes, 1 Albergues, 32 Aloxamentos Rurais, 2 Bares e Cafeterías, 10 Adegas, 6 Campings, 8 Comercios. 11 Empresas de Transporte Turístico, 8 Empresas de Turismo Activo, 1Escola de español para estranxeiros, 1 Guías turísticos, 31Hoteis e Apartamentos Turísticos, 16 Museos e centros de Interpretación Turística, 10 Oficinas de Información Turística, 5 Outros Servizos, 6 Praias, 1 Porto Deportivo, 11 Restaurantes, 2 Servicios Turísticos de Saúde, 12 Taxis e 1 empresa de Turismo Industrial), estes 188 establecementos e empresas “atesouran que se están a facer ben as cousas ano a ano. Galicia e as Rías baixas son un destino único e só falta poñerlle o cariño para ue o visitante reciba ese complmento de calidade. O resto xa o temos: unha paisaxe única, unha gastronomía única e destinos inmellorables”, segundo asegurou Rafael Louzán.
Este diploma de Calidade Turística en Destino acredita o compromiso coa calidade e a mellora continua, distingue ó establecemento frente á competencia e ten validez bianual. “A Deputación está a facer un seguemento para que non se perda unha gran oportunidade de consolidar o sector nese obxectivo de conseguir a excelencia turística”. O cociñeiro Yayo Daporta que conta cunha estrela Michelín e o recoñecemento dun sol da Guía Repsol no seu restaurante de Cambados, compartiu a súa experiencia profesional cos resto de galardoados asegurando que “o éxito só é o resumo de buscar no traballo diario a máxima calidadeco fin de oofercerlle o máximo ós clientes”.
SEXTO DESTINO TURÍSTICO
Os Sistemas de Calidade nas empresas turísticas, implantados nas Rías Baixas dende o 2005, resultan fundamentais paraconseguir que o cliente se sinta satisfeito co consumo dos productos e servicios turísticos da provincia de Pontevedra, á vez que se consolida o destino Rías Baixas como un destino competitivo e diferenciado grazas ao traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no seu Servizo. “Temos que seguir consolidando o sector para lograr a excelencia turística”. As Rías Baixas son na actualidade o sexto destino turístico de España e con esta aposta “podemos escalar un ou dous postos e, eso, para a nosa economía e a xeración de oportunidades de traballo é o mellor que se pode facer neste momento”, asegurou o presidente da Deputación.
En 2014, en Galicia recibiu a visita de 3,6 millóns de turistas, un 7,1% máis queo ano anterior. 1.041.960 destes visitantes, escolleron a provincia de Pontevedra como destino, o que a coloca como o segundo lugar da Comunidade máis visitado despois de Santiago.
NICHO DE EMPREGO EN 2015
O presidente da Deputación asegurou que coa impliación de todos os axentes do sector turístico da provincia este será un ano “de boas expectativas”. O Turismo liderou a xeneración de emprego, con 53.213 afiliados máis á Seguridade Social, un 4,3% que no 2013. “Este debe ser o ano da recuperación e da consolidación dun dos sectores que a pesar da crise, resistiu. Só vos pedimos a vosa implicación para que fagamos unha aposta clara polo emprego". Nos seus parabéns Rafael Louzán tamén lles pediu aós galardoados que aproveiten esa aposta pola calidade para facer deste sector “nicho de emprego”, xa que “hoxe en día hai moitas persoas formadas e preparadas que ogallá poida atopar con vós un nicho de oportunidades. Se é asó ano a ano irémonos superando a nós mesmos”.
SMART DESTINOS
Asimesmo o presidente da deputación tamén anunciou quen en mes e medio as Rías Baixas serán un novo “Smart destino” grazás ao traballo conxunto da Administración provincial e o sector privado para que o “sector turístico da provincia teña un valor engadido que aporte riqueza e creación de emprego na comarca e en definitiva en toda Galicia.” Louzán puxo de manifesto que a nosa comunidade “é un reclamo no territorio nacional e noutros países que apostan por Galicia como destino de calidade e de excelencia turística”.
BAIXO MIÑO
13 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas
VAL MIÑOR
5 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas.
BAIXO MIÑO
13 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas
Establecemento
|
Concello
|
1.
Taxi Bernardo
|
TUI
|
2.
Casa Rural Abadía Eiras
|
O ROSAL
|
3.
Bodega Lagar de Fornelos
|
O ROSAL
|
4.
Bodegas Terras Gauda Q
|
O ROSAL
|
5.
Camping 1ª - Bungalow Park O Muiño
|
OIA
|
6.
Porta da Pía Artesanía (S.C.)
|
TUI
|
7.
E-bike Abadía de Eiras
|
O ROSAL
|
8.
HOTEL TALASO ATLÁNTICO-Q
|
OIA
|
9.
Concello de A Guarda
|
A GUARDA
|
10. PRAIA DE AREA GRANDE -CONCELLO A
GUARDA
|
A GUARDA
|
11. PRAIA O MUÍÑO - CONCELLO A GUARDA
|
A GUARDA
|
12.Talaso
Atlántico Q
|
OIA
|
13.CASA PUERTAS
|
OIA
|
Establecemento
|
Concello
|
1.
OFICINA TURISMO-CONCELLO DE NIGRÁN
|
NIGRÁN
|
2.
PLAYA AMÉRICA-CONCELLO NIGRÁN
|
NIGRÁN
|
3.
PLAYA PANXÓN-CONCELLO NIGRÁN
|
NIGRÁN
|
4.
PLAYA PATOS-CONCELLO NIGRÁN
|
NIGRÁN
|
5.
RESTAURANTE LOS ABETOS-Q
|
NIGRÁN
|
CONDADO-PARADANTA
9 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas.
Establecemento
|
Concello
|
1.
Bodegas Coto Redondo Q (Señorío
de Rubiós)
|
AS NEVES
|
2.
Bodegas Marqués de Vizhoja Q
|
ARBO
|
3.
Guias Malouco
|
A CAÑIZA
|
4.
MUSEO C.I. DO VIÑO E DA LAMPREA:
ARABO
|
ARBO
|
5.
Casa da Urcela
|
PONTEAREAS
|
6.
Casa do Cribeiro
|
PONTEAREAS
|
7.
ESCRIBANA DE TORGO
|
A CAÑIZA
|
8.
Casa Uma
|
AS NEVES
|
9.
Pazo da Fraga
|
CRECENTE
|
VIGO
27 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas.
Establecemento
|
Concello
|
1.
Ademar Viajes
|
VIGO
|
2.
Viajes Airbús
(Central) Q
|
VIGO
|
3.
Viajes Airbús
(Sucursal) Q
|
O PORRIÑO
|
4.
Viajes Airbús
Galicia Q
|
VIGO
|
5.
Vío Viajes Q
|
VIGO
|
6.
Turatlántica
Viajes
|
VIGO
|
7. Bives Tour (Padre D Rua) Q
|
VIGO
|
8.
Bives Tour
(Plaza Compostela) Q
|
VIGO
|
9.
.Abramar
Viajes Q
|
VIGO
|
10.
Viajes Lira Q
|
VIGO
|
11.
Camping Islas
Cíes
|
VIGO
|
12.La Zapatería
|
VIGO
|
13.Rei Zentolo Vigo
|
VIGO
|
14.SAILWAY
|
VIGO
|
15.
WS-Xtreme
Club
|
VIGO
|
16.HOTEL AMÉRICA
|
VIGO
|
17.
HOTEL BAHÍA
DE VIGO
|
VIGO
|
18.HOTEL CIUDAD DE VIGO
|
VIGO
|
19.Hotel Coia
|
VIGO
|
20. HOTEL ZENIT
VIGO
|
VIGO
|
21.Hostal Puerto de Vigo
|
VIGO
|
22. Hotel Axis
Vigo
|
VIGO
|
23. MUSEO VERBUM.
CASA DAS PALABRAS
|
VIGO
|
24. VIGOZOO
|
VIGO
|
25. Museo del Mar
de Galicia
|
VIGO
|
26. Naviera Mar
de Ons
|
VIGO
|
27. Casa
Soutomayor
|
VIGO
|
MORRAZO
19 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de
SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas.
Establecemento
|
Concello
|
1.
CAMPING LIMÉNS
|
CANGAS
|
2.
Escola de Kayak de Mar Illas
Atlánticas
|
CANGAS
|
3.
APTMS. TURÍSTICOS RODEIRAMAR 2A
|
CANGAS
|
4.
HOSTAL RESIDENCIA RODEIRAMAR 2A
|
CANGAS
|
5.
HOTEL AIRIÑOS
|
CANGAS
|
6.
HOTEL VILLA DE MARÍN
|
MARÍN
|
7.
Hotel Spa Bienestar Moaña
|
MOAÑA
|
8.
OFICINA TURISMO-CONCELLO CANGAS
|
CANGAS
|
9.
Escapada RíasBaixas
|
CANGAS
|
10. Nabia Naviera
|
BUEU
|
11. PLAYA RODEIRA-CONCELLO DE CANGAS
|
CANGAS
|
12.Casa Acuña
|
BUEU
|
13.Restaurante
& Terraza Menduíña
|
CANGAS
|
14.A CASA DE
ALDÁN-Q
|
CANGAS
|
15. Casa O Canastro
|
MOAÑA
|
16.Casa Durán
|
MOAÑA
|
17. Casa Videira
|
BUEU
|
18.Casa
Castromiranda
|
CANGAS
|
19.Horta Agrelo
|
BUEU
|
Publicado por
Infogauda
ás
15:41
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)