TRIBUNA ABERTA
HAI ALGUEN QUE NON RESPECTA O TRABALLO ALTRUISTA DOS DEMAIS
Manuel Ángel Pombal Diego / Oia
Por desgraza parece que abundan as persoas que gozan desfacendo o que fan os demais, xente impresentable e incualificable que se ri do traballo dos demais, neste caso concreto do traballo desenvolvido por uns 20 voluntarios o pasado domingo na costa de Oia baixo a coordinación de ANABAM. Retiráronse máis de 55 sacos de lixo da costa e uns 13 deses sacos quedaron á beira da estrada vella na zona de Xilias para seren retirados por operarios do concello de Oia. Pois ben, onte puiden comprobar como 3 ou 4 sacos foran baleirados e roubados (penso que esa é a causa). Hoxe, acabo de pasar polo mesmo sitio e comprobei que tan só quedan 4 ou 5 sacos cheos; todos os demais foron baleirados e roubados. Incrible que isto aconteza en pleno século XXI. En fin, .... Imaxino que sexa quen sexa, seguirá baleirando e roubando todos os sacos que quedan (e ríndose do traballo feito por un grupo de voluntarios vidos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia, Vigo e Cangas). Pois que lle cunda!!
Deixo dúas fotos, unha de onte, con varios sacos baleirados e outra de hoxe. Menuda desfeita por roubar uns sacos de rafia!!
Es una pena que haya gente tan desconsiderada con el trabajo de los demás. Deberíamos estar muy agradecidos de que un grupo de personas limpie nuestras costas de manera desinteresada.Muchas gracias a todas las personas que organizaron y colaboraron en esta tarea.
ResponderEliminarMaria José Baz