Xavier Vence presenta a candidatura "BNG-Asembleas Abertas" encabezada por Ángel Baz para as eleccións municipais da Guarda
O acto de presentación terá lugar este xoves día 26 ás 21h no Centro Cultural da Guarda
Mercedes Martínez (Merchi), Xan Lois Lomba, Ángel Baz, Beatriz Lomba e Benito Alonso (Mansa). Os cinco membros da candidatura BNG-Asembleas Abertas que xa foran anunciados.
BNG/ A Guarda
Este xoves presentarase o equipo de persoas que conforman a candidatura BNG-Asembleas Abertas para presentarse ás próximas eleccións municipais na Guarda.
No acto de presentación do equipo municipal participará Hortensia García, concelleira na Guarda, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG e Ángel Baz, candidato á alcaldía.
Como xa se adiantou no seu día, Ángel Baz, ben coñecido na nosa vila polo seu traballo como activista, organizador e dinamizador nos ámbitos empresarial e socio-cultural, será a persoa que encabece a candidatura nacionalista. Nesta ocasión, tralo proceso de suma de novas persoas que participaron nas Asembleas Abertas, a candidatura incorpora xente que destaca polo seu compromiso e a súa participación nos movementos sociais e cidadáns na Guarda. O propio candidato á alcaldía é un claro exemplo.
Desde o BNG, convidámosvos asistir a este acto de presentación e tamén a participar e enriquecer coas vosas propostas o proxecto que imos levar a cabo para gobernar a Guarda desenvolvendo os seus múltiples recursos. Queremos que veñades con nós para construír un novo modelo, na mesma liña da calidade que gozan as vilas e cidades gobernadas hoxe polo BNG.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario