Xornada solidaria coa III edición do Encontro Anarquista do Libro en A Guarda
Sábado 11 de abril, a patir das 20 horas, no C. S. Fuscalho
Da Vid / A Guarda
O sábado 11 de abril poderedes disfrutar, no C. S. Fuscalho, dunha xornada solidaria coa III edición do Encontro Anarquista do Libro en A Guarda (24, 25 e 26 de abril), dita xornada comezará a partir das 20 horas coa proxección do documental “Ciutat Morta” para despois continuar cunha cea vegana e posterior concerto con “PathetikSS” e “Murdock’s Murder”.
Agardamos que sexa do voso interese e que axude a facer menos longo o tempo de espera para esta III edición do encontro. Desculparnos tamén polo retraso coa programación debido a uns imprevistos de última hora, en breves publicaremola para maior información e difusión.
Proxección/Coloquio: CIUTAT MORTA
En xuño de 2013, un grupo de 800 persoas ocupan un cine abandonado no centro de Barcelona para proxectar un documental. Rebautizan o antigo edificio en honor a unha moza que se suicidou dous anos antes: Cinema Patricia Heras. ¿Quen era Patricia? ¿Por que se quitou a vida e que ten qué ver Barcelona coa súa morte? Isto é exactamente o que se quere dar a coñecer con esta acción ilegal e de grande impacto mediático: que todo o mundo saiba a verdade sobre un dos peores casos de corrupción policial en Barcelona, a cidade morta.
Para máis información premer eiquí.
Cea vegana + Concerto:
PathetikSS:
Dende o Baixo Minho amosando o que eles chaman Ruido Terrorista.
Veñen dende Coia a demostrar que os macarras tamén teñen un lado sensible.
Os cartos recadados destinaranse para axudar a sufragalos custos de organización do Encontro Anarquista do Libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario