24 de mar. de 2015

GOIÁN

O concello de Tomiño reabre o auditorio de Goián e acondiciónado como Escola de Música



Infogauda / Goián

 O Concello de Tomiño reabriu as súa portas o pasado domingo nunha tarde na que o alumnado da Escola de Música, da Escola de Teatro e da treboada “Os da Fonte do Frade” armonizaron unha xornada repleta de sorpresas. Ata o de agora executáronse dúas fases das catro que se teñen previstas. Nestas primeiras fases a reforma consistiu en adecuar as instalacións para a escola de música que imparte as súas clases dende dende hai máis de 10 anos. O anexos do auditorio non contemplaban as necesidades que require impartir clases musicais o que dificultaba o bo funcionamento da escola. 

 Esta reforma supuxo a autonomía do funcionamento da escola de música do auditorio permitindo ser usadas de forma independente. Así creouse unha entrada independente para a escola de música e mellorouse a existente que daba acceso ao auditorio coa ampliación do hall e a creación de novos baños. 

 A Escola de Música, pola súa parte, gañou en espazos adaptados a súas necesidades como unha oficina para a xerencia, un local de ensaio para a Agrupación Musical, unha biblioteca-fonoteca e unha aula de ensaio de uso múltiple. 

 As novas aulas están perfectamente insonorizadas e cumpren coas normativas vixintes para adaptar o seu uso a ensinanza musical. 

 O entorno do auditorio tamén se beneficiou dunha actuación na que se humanizou os arredores do auditorio e do pavillón acompañandose de bancos e arbolado. 

 A reforma tamén mellorou a accesibilidade que se complentará nas seguintes dúas fases que están en periodo de contratación. Nestas novas fases ampliarase a escola de música con máis aulas nas que novamente se contemplarán as melloras para o desenvolvemento das aulas. 

 Nestas 3ª e 4ª fases tamén o auditorio experimentará cambios cunha apliación do mesmo para camerinos e coa creación dun acceso directo ao escenario do que ata agora carece. 

 Orzamentariamente, nas dúas primeiras fases que foron executadas o importe supuxo 300.000 euros a cargo de fondos propios municipais. As dúas fases pendentes de contratar serán financiadas por fondos europeos (140.000 euros) e Deputación de Pontevedra (170.000 euros). 

 Os metros cadrados que foron intervidos até o de agora supoñen 585. Nas seguinte fases serán 381 metros cadrados. 

 A reforma e ampliación do auditorio de Goián era unha das peticións da Agrupación Musical de Goián que se encarga da ensinanza musical dos nenos e nenas do concello, máis de 150 alumnos. Un bo equipamento para as mesmas supón facilitar o aprendizaxe para o alumnado pero tamén unha maior profesionalización dunha escola que ano a ano crece na súa calidade formativa. 

 A Escola de Teatro e as clases dos treboeiros “Os da Fonte do Frade” tamén se verán beneficiados destes investimentos e os tres colectivos disfrutarán dunhas instalacións sofisticadas e eficientes. 

 A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que a reforma e a ampliación do auditorio era unha necesidade para os nenos e nenas que toman aulas de música. A súa eficiencia é para o equipo de goberno un motivo fundamental para investir porque o futuro dos mozos e mozas de Tomiño pasa pola cultura”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario