20 de dec. de 2015

DEPORTES

O ALL STAR GAME CHEGA O PAVILLÓN MUNICIPAL DE O ROSAL

Sábado 26 de decembro, desde ás 10:30 h.



 Infogauda / O Rosal

 O Acanor Novás presentou o acto estrela de este corenta aniversario. Unha xornada deportiva adicada a práctica do balonmán en tódolos niveis, xa que nela participarán dende as categorías base ata os equipos máis profesionais, incluindo un partido internacional.  

 O All Star Game non só está orientado a práctica do balonmán na pista, tamén busca ofrecer un espectáculo atractivo para todos os públicos, especialmente para os afeccionados a este deporte, que son numerosos no noso concello. 

 Polo pavillón do Rosal pasarán os máis importantes deportistas, tanto futuras promesas e veteranos como xogadores que están competindo na actualidade en grandes ligas.  

 A xornada vai ter lugar o próximo sábado día 26 de decembro, dende a mañá ata a noite. 

 O programa é o seguinte.  

 - De 10:00 a 16:00 h: torneo de categorías base. Participarán nenos e nenas de entre 7 e 17 anos.  

- Ás 17 h: Encontro entre os heroes do ascenso a División de Honra prata do Atlético Novás en 2003 e un combinado galego de xogadores veteranos. Os espectadores poderán volver ver a xogadores carismáticos tanto da época máis dourada do noso clube como do resto de Galicia.  

- Ás 18:30 h: Concurso de goles espectaculares. Consistirá nunha exhibición de goles que serán valorados por un xurado. Con este especátculo buscase levar ao mundo do balonmán o que xa é tradición no baloncesto estadounidense.  

- Como ramo da xornada, a partir das 20 h: encontro entre as seleccións absolutas de Galicia e Marrocos. Será a primeira vez que teñamos no pavillón a nosa selección absoluta e a unha das máis importantes do continente africano.  

 Todas as actividades do All Star Game de Balonmán no Rosal serán gratuitas para o público afeccionado e para os participantes nos encontros.         

Ningún comentario:

Publicar un comentario