O GRUPO DE AFFECIONADOS "OS MELLORES DO GHRUPO". PORÁ EN ESCEA "O TRAXE NOVO DO EMPERADOR"
A función será o vindeiro luns día 21 de decembro, ás 19:30 horas, no Centro Cultural da vila
Infogauda / A Guarda
O vindeiro luns día 21 de decembro, ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, o colectivo afeccionados o Teatro "Os Mellores do Ghrupo", porá en escea á obra "O Traxe Novo do Emperador", de Hans Christian Andersen.
A entrada e de balde.
En decraracións a este xornal dixital, Carmen Martínez Martínez, compoñente do devandito colectivo de teatro, dixo o seguinte: "Temos realizado unha divertida versión deste conto popular escrito por Hans Christian Andersen. Témola representado noutros lugares e tivo moi boa acollida e éxito. É teatro familiar e de andar pola casa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario