17 de dec. de 2015

A GUARDA

A Asociación +kArte anula o mercado de artesanía previsto na Praza de Abastos  

O Concello de A Guarda mantén o obradoiro para nenos


Infogauda / A Guarda

 O executivo do Concello de A Guarda informa que "a Asociación +kArte anula o mercado de artesanía que tiña previsto celebrarse os sábados 19 de decembro e 2 de xaneiro na Praza de Abastos da vila".  

 O Concello pide desculpas pola anulación e quere reiterar que non ten nada que ver coa supresión.  
 Obradoiro para rapaces  
 O sábado día 19 de decembro, segundo o programado, o Concello mantén o obradoiro para nenos na Praza de Abastos.  

 A monitora estará nas instalacións durante a mañá. 

 Para participar nesta iniciativa non fai falla inscrición previa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario