CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA EXPÓN SEU POSICIONAMENTO SOBOR DA PRETENDIDA APROBACIÓN INICIAL DO PXOM
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de faer público seu posicionamento e o do seu grupo, sobor da pretensión de aprobación inicial do PXOM, que o alcalde de A Guarda, levou a pleno o pasado venres e que contou co rexeitamento de tódolos concelleiros da oposición.
A VERDADE DO PLENO DO P.X.O.M.
Despois
da celebración do Pleno Extraordinario do venres día 11, e leendo as noticias
dos medios de comunicación, nalgúns deles (os afíns pola paga da publicidade),
da a impresión que non estivemos nin como público, por certo, celebrouse as 9 da
mañán ¡¡para facilitar a asistencia de
veciños/as, seguramente!!
Entre outras cousas, podemos
ler: “El gobierno local pretendía salvar
alguna de las casas pendientes de la piqueta ya que defienden que se podría
regularizar con el nuevo planeamiento la situación de alguna de las casas
afectadas por la anulación judicial…” teño que facer dúas preguntas: ¿¿Dispón dalgún documento da Xunta que diga que co novo PXOM terían
encaixe algunha das vivendas?..¿Ten garantías de que a modificación vai cambiar
a sentencia firme do Xulgado? A resposta da primeira e ¡¡..NON..!! e da segunda o mesmo, ¡¡..NON..!! pero é máis, si así fora, habería que modificar na
zona, e buscar encaixe e non aprobar todo o Plan.
Pero debía decirlle os/as guardeses/as
que levamos a Pleno, uns documentos que están “aparcados” dende 2.012, sen
haber asumido ningunha orientacións sinaladas no Informe Previo a aprobación
INICIAL remitido pola xunta e que está composto de CINCO (5) páxinas de erros,
falta de informes, e irregularidades ou non encaixe das normas no planeamento.
Se fai a “estimación” da construcción de 2.117 novas vivendas nún periodo de 12 anos “cousa” que nos daría un incremento de
población de mais de 4.000 habitantes
e que non se víu nos mellores
momentos da burbulla urbanística, e que no noso pobo deixou unha morea de pisos
sen rematar ou sen ocupar, pero ademais, o PXOM actual, (aprobado no 1.993, a día de hoxe,
despois de máis de 20 anos e
en mellores perspectivas, non nos fixo creer nín 1.000 guardes/as
Pero volvendo o asunto do
Pleno, ¿Cómo se pode levar un asunto de tan transcendental importancia, sin
contar ca presencia e o asesoramento dún funcionario/a que sexa Secretario/a?
¿Cómo poden “despacha-lo” asunto, ca copia case literal de menos de dúas
páxinas asinadas polo Arquitecto e o empregado municipal que fai funcións de
Secretario (para coller datos e pasalos as actas, non para EMITIR INFORMES..).
¡¡..iso non é serio..!! cando se está “calcando” o emitido fái case CINCO ANOS,
tempo no que cambiaron moitas cousas e leis.
Díxenlle no Pleno, que o tema
era moito máís profundo, hai que escomenzar por facer aproximacións sobre que
tipo e diseño queremos cada ún para este pobo. Si queremos destrozar o pouco
que queda “aproveitable” para que construan vivendas unifamiliares e asentar a poboación,
ou convertir nún punto dormitorio e turístico de grandes edificios para quenes
queiran visitarnos os fíns de semán ou na tempada estival. ¿¿..De verdade é tan
importante o TELEFERICO…??..¿ou será o que se pretende urbanizar ao séu
arredor..??
Volvo a recordarlle o que dí
a CIRCULAR 7/2011 da Fiscalía Xeral do Estado: “…(páxina 8) … no procede declarar inejecutable la sentencia en virtud
de un planeamiento aprobado con posteridad al pronunciamiento en la instancia
de dicha sentencia con la finalidad de impedir la ejecución de aquella, pues no
responde la alteración del marco jurídico urbanístico a eventuales
circunstancias sobrevenidas en el desarrollo de la ciudad sino al
empecinamiento del ayuntamiento a dar cobertura a una actuación declarada
contraria al ordenamiento jurídico por sentencia firme, de manera que
amparándose en una potestad reglada, como es la posibilidad de revisar el
planeamiento, se pretende un fin no legítimo, cual es la condición de
construcción legal de aquella que fue declarada ilegal por contraria al
planeamiento..”
Pero é máis, o artigo 103.4 da Lei de Xurisdición
Contencioso-Administrativa (lei pola que se regulan os xuíces cando hai unha
orde de demolición, si procede legalizar cún novo Plan Xeral ou non), precribe:
“…serán nulas de pleno dereito, tódalas
actuacións e modificacións tendentes
eludir o cumplimento dunha sentencia…” ..ainda de que me volte a
chamar “legulello” ou como dí séu “colega” que estamos “xudicializando a vida
municipal”, diante disto, diante de diferentes feitos que teñen sucedido e
posturas asumidas, ténnos “obligado” a consultar, pedir e indagar, nun feixe de
“portas” a través das cales, intentamos levar adiante a nosa función municipal
e supera-los atrancos que o séu “aparataxe” intenta poñer de “muro de
contención” para que poidan facer e desfacer como queiran no Concello…¡logo non
hai cartos, pero as gratificacións claman o céo..!
O anterior, sirve para sinalar, que a solución das
vivendas que non das “licencias” que quedan en pé, é asunto xudicial, non da
Xunta. Por iso, como outro/a portavoz recordoulle no Pleno que non todolos-as
membros da Corporación podían falar libremente e sin intereses sobre o asunto,
¡¡..medite..!!
E logo, por favor, ¡¡..non
nos perdone a vida..!!..vai esperar a nova Lei do Solo porque non lle queda
outra…, ¡¡faltaría máis…!! ¿¿Cómo que lle da lástima…porqué non a aprobaron fai
cinco (5) anos cando tiñan a maioría absoluta…?? ¡¡non veña a cantar milongas..!!..¡¡..Ten
que decirlle os/as guardeses/as que a empresa redactora rescindiu o contrato,
que si se aprobara agora, ¿..quen iba a repostar as alegacións…Vde…? Sexa
serio… ¡¡O que hai que facer, e dar inicio de inmediato a “finiquitar” da
mellor maneira posible o contrato ca empresa redactora e acortar os prazos para
chegar a un acordo con outra….e aproveitar o máximo posible do traballo
feito…!!
Recordarlle que no Informe da
Fiscalia Xeral do Estado (páxina 8) sinala:
“…comete prevaricación urbanística, la
autoridad o funcionario que hubiere informado favorablemente instrumentos de
planeamiento, proyectos de urbanización, parcelación…contrarias a las normas de
ordenación territorial” deixando moi claro que “..los
instrumentos de planeamiento…conforman el ordenamiento jurídico urbanístico..” E
isto traime a memoria o Informe de Medio Ambiente, que cando fala do Plan de
Ordenación do Litoral, ocupa un feixe de follas e en moitas delas a frase máis
repetida é: “…no compatible con el
P.O.L…”
Para que vexa que hai “moitas formas de facelas
cousas, permítame recomendarlle que “revise” a páxina do Baixo Miño no xornal
decano, do sábado 12, e abaixo, na marxe dereita, atopará unha pista, SI SE PODE FACER DE COÑECEMENTO PUBLICO
OS/AS VECIÑOS/AS DENANTES DE APROBAR INICIALMENTE O P.X.O.M. (anuncio
oficial do Concello de Salceda de Caselas, abre un plazo de TRINTA (30) días
para Exposición Pública)
A
Guarda, a 12 de Dedecembro do 2.015
Celso
R. Fariñas
Concelleiro
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr.
Concelleiro de Urbanismo
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario