24 de nov. de 2015

VAL MIÑOR

Novo faladoiro do ciclo “Sabemos o que comemos?” no IEM 

 
Álvaro Peralta / Gondomar 

 Terá lugar no Instituto de Estudos Miñoranos unha nova xornada centrada no tema “ Pesticidas nos alimentos e nos envoltorios”. 

 No mesmo analizaranse alternativas, límites legais e riscos para a saúde, vinculados á actualidade alimentaria. 

 A intervención estará a cargo de César Lema (Doutor en Bioloxía, Máster en agricultura Biolóxica, Agricultor), e a presentación do faladoiro será de Pablo Casal Núñez (IEM). 

 O faladoiro terán lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) ás 20:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario