Nós Candidatura Galega” fai a súa presentación no Baixo Miño
A cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Carme Adán e a candidata do Baixo Miño, Míriam Rodríguez (Tui) presentaron públicamente Nós Candidatura Galega
No acto estiveron arroupadas pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o responsábel comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez, e Tomás García, veciño de Caldelas, estudante, independente que apoia á candidatura
Carme Adán - no centro da imaxe - xunto a Míriam Rodríguez, Sandra González, Xosé Manuel Méndez e Tomás García
Foto: N.C.G.
Infogauda / Baixo Miño
A cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Carme Adán e a candidata do Baixo Miño, Míriam Rodríguez (Tui) presentaron públicamente Nós Candidatura Galega, coalición electoral na que participan o PCPG, Coalición Galega, FOGA, Partido Galeguista, T.G e o BNG, persoas do ámbito cultural, dos movementos sociais e a nivel individual
A presentación tivo lugar ante o Monumento ós Represaliados do 36 na alameda de Tui. No acto estiveron arroupadas pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o responsábel comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez, e Tomás García, veciño de Caldelas, estudante, independente que apoia á candidatura.
Carme Adán manifestou que “o apoio a Nós ten un dobre valor pois por un lado garante que Galiza teña voz propia en Madrid e por outro vai contribuir a apartar ao PP do goberno central e contribuir a unha tranformación real do Estado a favor das clases populares, dos dereitos das persoas e dos pobos”. Rematou afirmando que “Nós continuará co legado dos 20 anos de traballo dos deputados e deputadas nacionalistas galegas no Congreso, sen intereses nin presións alleas rendendo contas só ante Galiza e o pobo galego”.
Míriam Rodríguez pola súa parte manifestou: “(...) a mocidade somos a xeración máis indefensa en termos de emprego e precariedade, realidade que non pode ser maquillada nin coa propaganda oficial, con casi o 50% da xente moza sen traballo, ademais dos miles de emigrados (...)”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario