O POETA FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI FIXO UNHA LECTURA DE POEMAS NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS
O cronista Ricardo Rodríguez Vicente fixo á presentación do escritor, poeta e xornalista
O poeta Francisco Álvarez Álvarez (Koki), no decurso da lectura de poemas da súa autoría
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Na noitiña do pasado venres día 13 de novembro, o salón principal da centenaria sociedade Recreo Artístico Guardés, acolleu un acto cultural no que o eixo principal do mesmo constituino o poeta, escritor e xornalista guardés Francisco Álvarez Álvarez, Koki (A Estivada, 1957).
Abriu o evento e fixo unha ampla disertación sobor do poeta, o cronista Ricardo Rodríguez Vicente, quen salientou a orixe proletaria do poeta, seus comezos, no eido deportivo e posteriormente, desde finais da década dos anos 70 do século precedente, seu ininterrumpido labor de creación literaria.
Diante de un auditorio moi heteroxéneo, no que se había persoas de Oia, O Rosal, Goián e A Guarda, entre os que se atopaban concelleiros (Merche Martínez Vázquez, Conchi Ortega Martínez, Celso R. Fariñas, Luis Giráldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez e Ángel Portela Rodríguez) de tres grupos municipais; membros da Agrupación Cultural Guardesa, como a presidenta Julia Sobrino González, Chuny Vázquez Vicente, César González Álvarez e Eloy Gómez Mariño,...; o presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, Luciano Lomba Vicente e súa dona María Teresa Castro Martínez, secretaria da Agrupación Musical de A Guarda; o cantautor Tino Baz Baz e súa moza; sindicalistas como Serafín Fernández Portela e Benito Alonso Da Costa; o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez; o Xuíz de Paz, do Rosal, Cástor Rodríguez González; empresarios como Antonio González Álvarez e Joaquín Portela Verde; artistas como a pintora Gemma Marques Redondo e seu home, o escultor Dani Alonso; Antonio Alberto Castro Lomba, compoñente do Grupo Folk Lareira; o xornalista e editor de Novas do Eixo Atlántico, Guillermo Rodríguez Fernández; profesores, e veciños da contorna; Rodríguez Vicente fixo un exhaustivo relatorio de toda á producción poética de Álvarez - Koki, publicada en galego, en castelán e en inglés, citando tamén ás obras en narrativa, e súa labor como xornalista, como dramaturgo e activista cultural en New York.
Vista parcial do salón principal do Recreo Artístico Guardés onte pola noite no evento poético de Álvarez - Koki
O cronista falou tamén da repercusión literaria de Álvarez - Koki, que desde alén o Atlántico viu desenvolvendo, na metrópole de New York súa labor profisional e literaria, co apoio incondicional de Loli, súa compañeira e esposa - cuxa presenza na obra poética de Álvarez - Koki e innegable - e de Breogán, o fillo de ambos.
Rematada a intervención de Rodríguez Vicente, sería Francisco Álvarez - Koki o que daría comezo á lectura de poemas, comezando co seu libro "Maruxía", do cal recitou entre outros, "Pranto pola morte de Xoán Rafael", poema que Álvarez - Koki adicou á lembranza de seu primo, falecido prematuramente, e que segundo dixo o poeta, levoulle máis de un ano remata-lo.
O poeta Álvarez - Koki, asinando exemplares de libros da súa autoría, en presenza de Pili, Julia Sobrino, César González é Cástor Rodríguez
A continuación o poeta tería unha lembranza para o escritor, etnógrafo, poeta e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez, seu padriño literario, dando lectura o poema "Almasur", que coincide co nome do "barco" do inesquencíbel Saíto, de Goián.
Do libro "Máis aló de Fisterre", Álvarez - Koki, evocou a Horta de San Vicente, que pertenceu a familia do poeta granadino Federico Garía Lorca, e que visitou Álvarez - Koki, na súa estadía en Granada, para deseguido dar lectura o poema, adicado a Galicia, co que abre este libro.
Do libro "Máis aló de Fisterre", Álvarez - Koki, evocou a Horta de San Vicente, que pertenceu a familia do poeta granadino Federico Garía Lorca, e que visitou Álvarez - Koki, na súa estadía en Granada, para deseguido dar lectura o poema, adicado a Galicia, co que abre este libro.
Koki asinando un libro seu a Ana Couce González, veciña de Oia
O poeta guardés tamén leu un poema adicado o escultor Xoán Piñeiro Nogueira, e a continuación un poema en homenaxe a Nicaragua.
Un poema inspirado na Casa de Galicia en New York, e outro poema titulado "Frente a Wal Street", e finalmente outro - neste caso inédito - sobre a ponte de Brooklyn, como homenaxe os obreiros galegos que traballaron nesa obra, foron recitados por Álvarez - Koki, logo de ofrecer previamente á súa lectura, unha breve introducción sobor das motivacions que o levaron a crea-los, darían paso a un breve coloquio.
O acto poético remataría coa sinatura de exemplares de libros de poesía e narrativa, da autoría de Francisco Álvarez - Koki.
GALERÍA DE IMAXES
Ningún comentario:
Publicar un comentario