O Partido Popular e Converxencia Galega presentan unha moción de censura contra á alcaldesa
Texto da moción de censura suscrita polo Partido Popular e Converxencia Galega.
Premer nas imaxes para poder ler máis doadamente.
Infogauda / Oia
Tal e como preveíamos, desde o intre mesmo en que se deron por rotas as negociacions entre os dous grupos municipais - PSOE e Converxencia Galega - que poderían, se lograran chegar a un acordo de lexislatura, gobernar o Concello de Oia desde o pasado día 13 de xuño ata o remate da mesma, todo apuntaba a que un goberno en clara minoría, como é o que preside Rosa María Otero Carballa, ía ter, políticamente falando, os días contados. E esa previsión ven de comezar a facerse realidade co paso que deron o Partido Popular e Converxencia Galega, xa que o Partido Popular de Oia, forza máis votada nas últimas eleccións municipais, e Converxencia Galega, presentaron na mañá deste venres día 30 de outubro, por rexistro unha moción de censura contra á alcaldesa de Oia.
De acordo coa nota de prensa, suscrita polas dúas forzas políticas, e recibida no día de hoxe na redacción deste xornal dixital, "os grupos municipais do Partido Popular e Converxencia Galega, poñen en común un proxecto de goberno estable para Oia, ofrecendo unha alternativa a través dunha moción de censura".
Os asinantes da devandita moción afirman o seguinte: " A perda de confianza na actual Alcaldesa, motivada pola súa incapacidade para chegar a acordos, cun goberno en clara minoría, e a esperanza de dar normalidade e estabilidade ó Concello de Oia, levaron ós grupos municipais do Partido Popular e Converxencia Galega, nun exercicio de responsabilidade, a presentar unha moción de censura, co fin de dar o Concello de Oia, un goberno viable de de futuro, indispensables para a consecución dos obxectivos necesarios para a mellora de benestar de tódolos veciños e veciñas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario