29 de out. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DO PERIGOSO ESTADO NO QUE SE ATOPA Á CAPELA DE SAN JOSÉ, NO BARRIO DA PASAXE (CAMPOSANCOS



 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 En data 28.10.2015 e con Rexistro de Entrada nº 7.066, o concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, ven de presentar no Concello de A Guarda, para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria, a seguinte proposta:

CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E REHABILITACIÓN DA CAPELA DE SAN JOSÉ, DOS PP.JESUITAS DE A PASAXE-CAMPOSANCOS
 O longo do tempo, distintas persoas veñen manifestado o séu malestar polo abandono que amosa esta instalación que forma parte do conxunto (clave 13 e ficha A-013) do antigo colexio “Santiago Apostol” da Compañía de Jesús en A Pasaxe (Camposancos) que non só está inventariado e catalogado, senón que é un referente da vida educativa e cultural de A Guarda e da organización religiosa dende finais do século XIX.

 A principios da lexislatura municipal, recibimos unha carpeta ca documentación que dende o 21.11.1999 víu presentando no Rexistro Xeral do Concello de A Guarda, por parte de  Dª Alicia Pazos García, denunciando a falta de mantenemento, o estado de abandono e ornato que presentaban as instalacións.

 En data 30.05.2011 e 13.02.2013, por medio dos Decretos da Alcaldía nº 0300 e 0099 respectivamente, tralo informe do Arquitecto Municipal amosa a veracidade de que os feitos postos en coñecementos do Concello son reais, polo que se ven a comprobar a deixación de funcións na non execución de ditos decretos, o que está contemplado como delito no vixente Código Penal e na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, así como a comisión dunha infracción urbanística grave o levar a cabo unhas obras que non disponen de autorización da Consellería de Cultura, o que obrigaba o Concello a poñer en coñecemento de dita Consellería a comisión destes feitos.

 Nos Informes emitidos, se sinala a gravidade do deterioro progresivo que se pode observar no seu exterior, e evitar que o seu derrumbe, e polo que se solicita que se priorice a urxente rehabilitación.

 Temos, que en primeiro lugar, a Lei de Protección Cultural de Galicia no séu Título Preliminar “Disposicións Xerais”, Artigo 3º, sinala: “As persoas que observasen perigo de destrucción ou deterioro dún ben integrante do Patrimonio Cultural de Galicia haberá, no menor tempo posible de poñelo en coñecemento da Administración competente (…).” 

 Dito o anterior, hai que sinalar que dende marzo do 2009 a día de hoxe, todo foi unha repetición de papeis, solicitudes, informes, decretos, etc., para que todo siga igual ou peor que o principio, e a instalación esté en pésimas condicións, e sendo cada vez máis perigosa a súa estabilidade estructural.

 Remitíronse resolucións municipais que foron repostadas fora de plazo, se fixo amago de apertura de expedientes sancionadores, solicitóuse permiso de obra sen cumpli-la tramitación pertinente, se fixeron obras sen licencia, etc., que o único que resolveron foi o poñer parches momentáneos pero ningunha solución seria o grave problema do edificio.

 Queremos resaltar, que quen hoxe está o fronte da Alcaldía, era naquel momento Concelleiro de Cultura no Goberno Municipal polo que non pode sinalar descoñecemento do asunto, así como tampouco o Concelleiro de Patrimonio, xa que non é novo nestas funcións.  

 Os plazos de comunicación entre os propietarios, o Concello a Administración autonómica, é, cando menos, rocambolesca, xa que entre unhas e otras, son de tres ou catro meses co mínimo, sin que ningúnha das solicitudes chegue a rematarse, polo que todo caduca e volve a empezar.  

 Unha lectura dos feitos nos pode poñer ante unha situación delicada pola omisión do respeto e cumplimento da legislación vixente.

 Por todo-lo anterior, dende Converxencia Galega, vimos a propoñer o Pleno para o séu debate e aprobación a seguinte Moción:

 O Concello de A Guarda, levará de maneira inmediata a efecto, os expedientes de reposición da legalidade urbanística e sancionador contra os propietarios da Capela de San José dos PP. Jesuitas ubicada en A Pasaxe.

A Guarda, a 28  de Outubro do 2.015



Celso R. Fariñas                       
Concelleiro de Converxencia Galega

Sr. Alcalde do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario