17 de out. de 2015

A GUARDA

ORPAGU e o Concello propóñense recuperar a "Festa do Peixe Espada"   

De esquerda a dereita: Montserrat Magallanes Álvarez, Juana Parada, Antonio Lomba Baz e Joaquín Cadilla Castro
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 A Organización de Palangreros Guardeses (OR.PA.GU.) e o executivo do Concello de A Guarda propóñense recuperar á Festa do Peixe Espada. Con ese obxectivo na mañá de onte tivo lugar na Alcaldía de A Guarda, unha reunión na que participaron o alcalde Antonio Lomba Baz e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, así como como o presidente de OR.PA.GU. Joaquín Cadilla Castro, e a xerente da OPP 49, Juana Parada.

 No devandito encontro, segundo comunicaron fontes municipais "déronse os primeiros pasos para buscar una data no calendario e comezar a estruturar a organización da festa"

 Para o presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, “é importante recuperar esta festa e promocionar un dos produtos de pesca dos barcos de A Guarda. Contar coa axuda do Concello é, ademais, una vantaxe porque a festa do Peixe Espada implica una labor organizativa e financeira moi complexa”. 

 Os principais obxectivos desta festa son promocionar os produtos da pesca de palangre, como o é o peixe espada, e o potencial turístico da localidade, ademais de exaltar o bo nome dos hostaleiros de A Guarda e o exquisito gusto  dos seus pratos. 

 O alcalde de A Guarda, destaca "a importancia de traballar en equipo cos principais motores económicos da localidade". 

 Para o presidente da Corporación Municipal “o sector turístico-hostaleiro e o sector pesqueiro son os principais impulsores da economía local polo que é vital que, co apoio do Concello, pódanse sacar adiante iniciativas que atraian visitantes e promocionen os recursos da Guarda”.

 Desde Infogauda consideramos un acerto que tanto OR.PA.GU. como o executivo municipal do Concello de A Guarda, xunten esforzos de vontades para recuperar un evento gastronómico que xa estaba plenamente consolidado, e que contribuía positivamente á dinamización do sector servicios de A Guarda, e por conseguinte á economía do municipio. O mesmo tempo, promocionábase un producto - o peixe espada - de alto valor nutricional, apto para tódalas economías. Polo tanto, benvida sexa á proposta de recuperar ese evento que non perxudica a ninguén a beneficia o Turismo do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario