17 de out. de 2015

A GUARDA

DEPORTES

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO II TRAIL DO TREGA 


Infogauda / A Guarda

 Aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar no “II Trail do Trega” organizado por Galitiming en colaboración co Concello de A Guarda. 

 Este trail, consiste nunha carreira a pé cunha distancia de 18 quilómetros que percorrerá o monte Santa Trega e os seus arredores, cun desnivel aproximado de 1.100 metros. O mesmo tempo terá lugar una andaina de 10 qm. 

 Este evento deportivo celebrarase o 29 de novembro e a saída será na explanada do colexio de A Sangriña. A andaina sairá as 9:15 horas e o trail ás 10:00 horas. 

 Inscricións 
 Os interesados poderán inscribirse a través da páxina web da entidade organizadora, enlace no que tamén aparecerá toda a información sobre o trail. Os participantes terán que ter unha idade mínima de 18 anos para poderse anotar. 

 Os prezos para o trail son, ata o 15 de novembro, 10 euros e dende o 16 ao 26 de novembro, 12 euros. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba. Os que queiran participar na andaina deberán pagar 3 euros. 

 A recollida dos dorsais será na Sangriña, 45 minutos antes do inicio da proba para os participantes no trail. Será obligatorio presentar o DNI.  

 Para os participantes na andaina a recollida dos dorsais pode ser ata 10 minutos antes de que comece a proba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario