FIN DE SEMANA CULTURAL NO CONCELLO DA GUARDA
Infogauda / A Guarda
Este fin de semana o Concello da Guarda se prepara para acoller moitas e moi diversas actividades que entreterán tanto ós veciños da localidade, como ós múltimples visitantes que chegan a esta vila.
ACTUACIÓN DA BIG BAND "LOS SWINGDOMABLES JAZZ ORQUESTRA", NA PRAZA DO RELÓ
ACTUACIÓN DA BIG BAND "LOS SWINGDOMABLES JAZZ ORQUESTRA", NA PRAZA DO RELÓ
Este venres día 26, terá lugar a actuación da Big Band “Los Swingdomables jazz orquestra” na Praza do Reló, frente a casa do Concello. Esta gran sesión de jazz comezará as 22,30 horas e está aberta a todos ós públicos. Este concerto está organizado pola Agrupación Musical da Guarda en colaboración co Concello da Guarda.
IX ANIVERSARIO DA CASA DE ACOLLIDA DAS SAMARITANAS
O sábado as actividades xa comezan pola mañá, xa que se celebra o IX Aniversario da Casa de Acollida das Samaritanas da Gándara. Ás 11 horas, o Grupo de Gaitas A Boalleira, recorrerá as rúas do barrio da Gándara para logo, ás 11,30 horas, dar comezo á Eucaristía. Ás 12,30 a música volverá a saír a rúa da man do Grupo Do Lusco ó Fusco, que estarán acompañados tamén por bailaríns da Casa de Andalucía, de Vigo. Esta actividade, organizada pola Casa de Acollida, coa colaboración do Concello, busca rendir homenaxe a labor da Fundación Las Samaritanas.
IX FESTIVAL LUSO-GALAICO NO AUDITORIO SAN BIEITO
Pola tarde, o Auditorio de San Bieito da Guarda, acollerá o XI Festival Luso-Galaico de Xamaraina. Nesta actividade, que está organizada polo propio grupo de baile Xamaraina e que conta coa colaboración do Concello, participan grupos chegados dende Galicia, Palencia (Castela-León) e Coimbra (Portugal). A actuación, aberta a todos os púlicos comezarás ás 20,30 horas. Este festival xa é unha cita máis que consolidada nesta vila.
GALA DE CIRCO RUACTIVA, NA TARDIÑA DO DOMINGO

Este espectáculo, que terá unha duración de aproximadamente 100 minutos, está recomendado para todos os públicos.
Esta actividade está financiada polo Concello da Guarda en colaboración en AGADIC e a Axencia Galega de Turismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario