O deporte centrará boa parte da xornada de reflexión do presidente
provincial
·
O domingo exercerá o seu dereito ao
voto na mesa de San Andrés de Barrantes (Ribadumia), ás 11.30 horas da mañá
Infogauda / Pontevedra
O presidente provincial do PP de
Pontevedra, Rafael Louzán, dedicará boa parte da xornada de reflexión á
práctica e ao seguimento dos seus deportes favoritos.
O líder provincial iniciará a mañá cun percorrido de 10
quilómetros pola praia da Lanzada, a continuación asistirá á fase final do
Campionato autonómico de fútbol prebenxamín en Barrantes e despois á Festa
Gastronómica da empanada de Millo en Salcedo, Pontevedra.
Pola tarde seguirá como espectador o partido do Racing
Ferrol- Reus Desportiu, que xoga o play-off ascenso, e máis tarde o
Celta-Español e Barcelona-Deportivo. “Un partido importante no que o Depor se
xoga a súa permanencia en primeira e espero que poida manter”, afirmou Louzán.
A continuación participará en Vila de Cruces de unha
entrega de trofeos de Fútbol 7 Alevín. E xa pola noite estará no Porriño na
entrega de premios do Festival de Cans.
Será, pois, unha xornada centrada no deporte, que
compartirá coa familia e amigos á espera da gran cita electoral do vindeiro
domingo.
O 24 de maio, Louzán acudirá a votar ás 11.30 da mañá, ao
colexio de San Andrés de Barrantes, en Ribadumia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario