“Votádenos que sabemos e queremos traballar por Tui”
Esta frase resume os breves e contundentes discursos que encheron de ilusión a Sala Félix Rodríguez no mitin central do BNG - Asembleas Abertas
Carmen Núñez, candidata do BNG-Asembleas Abertas, á Alcaldía de Tui
Infogauda / Tui
“Votádenos que sabemos e queremos traballar por Tui”
Esta frase resume os breves e contundentes discursos que encheron de ilusión a Sala Félix Rodríguez no mitin central do BNG - Asembleas Abertas en Tui.
A primeira en intervir, Marga Romero número 16 da lista e candidata á Entidade Menor de Pazos de Reis, insistiu na unidade da organización do BNG en Tui, unha equipa que traballa por un proxecto nacionalista e de esquerdas, e a proba é todas as persoas que van tomar a palabra, desde ela mesma que desexa con ilusión dedicarse á Pazos de Reis, a parroquia onde están parte importante das súas raíces, ese Tui desde o Aloia.
Míriam Rodríguez, candidata número 4, centrou o seu discurso na situación da mocidade, no alto potencial que ten o concello de Tui, sen explotar, para que as mozas e os mozos do concello non teñan que emigrar, esa mocidade nova, preparada que pode dar ese impulso que o concello precisa con políticas que favorezan o emprego, que saiban aproveitar todos os recursos naturais, que saiban facer do turismo unha forza dinamizadora.
Xosué Campos, candidato número 3, centrou o seu discurso na necesidade da transparencia democrática, na obrigada auditoría que cómpre facer nada máis chegarmos ao concello. Da necesidade de potenciar a rehabilitación da vivenda, de facer de Tui unha cidade habitábel e non de ruínas, unha cidade vivida e non de fantasmas.
José Martínez centrouse na importancia da participación cidadá na vida do concello, as asociación de culturais, deportivas, de veciños, deben ter voz propia no concello e non depender do pedáneo, figura vella e central das malas practicas caciquiles coas que o BNG desexa rematar. A cidadá, o cidadá, deben ter sempre a porta aberta e o concello debe ser a casa de todo.
Carme Adán, deputada no Parlamento galego, centrou o seu discurso na necesidade da rexeneración democrática que precisa Tui, na honestidade e na honradez como valores dos homes e mulleres que van na candidatura. Nos concellos en que o BNG goberna vese o exemplo de como a ilusión de se converteu en progreso e realidade. “Non deixedes que Tui sexa só un nome que se le desde a autoestrada, facede da cidade unha parada obrigada”.
Rematou o acto a candidata á Alcaldía de Tui, Carmen Núñez, emocionada polo magnifico traballo de toda a equipa, segura á hora de afirmar que "o que Tui precisa é un cambio, un cambio para posibilitar o comercio da cidade, un cambio para mobilizar este paraxe natural inigualábel, desde o monte ao río, para mobilizar parroquias desde unha aposta polo transporte, para mobilizar o centro".
Prometeu tenacidade, valentía para afrontar o traballo preciso nun concello abandonado pola desidia do mal goberno levado por intereses particulares.
Pediu "o voto para o BNG Asembleas Abertas, porque sabemos e queremos traballar".

Ningún comentario:
Publicar un comentario