22 de maio de 2015

A GUARDA

Curso Mediadores en Promoción da Saúde

Terá lugar hoxe, na sede social da Asociación Érguete Baixo Miño


Érguete Baixo Miño / A Guarda


 Hoxe terá lugar na sede social da Asociación Érguete Baixo Miño, dentro do seu Programa de Formación de Mediadores Sociais, un “Curso de Mediadores en Promoción da Saúde” para o persoal de Protección Civil (AVPC) de A Guarda que conta con aproximadamente 20 mozos e mozas voluntarias. 

 Este curso estará enfocado cara a promoción da saúde e centrarase en ofrecer, ao persoal voluntario do AVPC A Guarda, ferramentas para desenvolver actuacións preventivas eficaces no marco do seu traballo ou actividade na sociedade. Impartiranse temas como: introdución ás condutas aditivas, normativa e lexislación vixente en materia de drogas, pautas de intervención e recursos existentes na nosa comunidade.   

 Esta actividade está subvencionada pola  Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública – Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario