22 de maio de 2015

A GUARDA

PRESENTADO O PROXECTO DE REFORMA DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI 

Participaron o arquitecto do proxecto Mauro Lomba, Conchi Ortega e o Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán  
    
Conchi Ortega, Rafael Louzán e Mauro Lomba, no acto de presentación do proxecto de reforma do Centro San Xerome Emiliani

Infogauda / A Guarda

 Ás cinco tarde do mércores día 20 de maio, no salón de actos do Centro San Xerome de A Guarda, celebrouse unha reunión ca participación de Conchi Ortega, candidata á alcaldía polo Partido Popular.           

 Dita reunión foi para presentar ante a xunta directiva do centro o proxecto de reforma do edificio, o cal se atopa en precarias condicións polo uso e por problemas de accesibilidade. Participaron o arquitecto do proxecto Mauro Lomba, Conchi Ortega e o Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán.           

 Conchi Ortega reiterou a súa sensibilidade  persoal e do seu equipo polos asuntos sociais, en especial polas persoas con discapacidade, e alabou "o labor da dirección e do  persoal do Centro San Xerome, sendo este unha referencia no Baixo Miño".      
     
Conchi Ortega - a dereita da imaxe - e Mauro Lomba, escoitan á intervención de Feliciano Valcárcel, director do Centro San Xerome

 O arquitecto guardés Mauro Lomba explicou aos asistentes mediante a proxección dos planos do edificio, a situación actual e as propostas de mellora, consistentes non só na sustitución de pavimentos e acabados, senon dunha mellora da accesibilidade, da eficiencia enerxética e da distribución en planta. 

 O devandito proxecto prevé un investimento total de 824.723,00 euros.         

 Interviu despois Rafael Louzán, quen resaltou "a importancia do Centro na comarca, e alabou o traballo impagable dos que fan posible que as persoas con discapacidade disfruten dunha mellor calidade de vida". Tras un repaso ao proxecto, que ten un investimento de 824.723,00 €, o presidente respostou ás preguntas que os asistentes lle plantexaron.           

 Finalizado o acto, o director do Centro Feliciano Valcárcel insinou o presidente da Diputación as dependencias do edificio, acompañado por Conchi Ortega e a Xunta directiva do centro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario