1 de mar. de 2015

TUI

O CLUB DEPORTIVO ANDATUI REGODAPEDRA ORGANIZA A RUTA DE SISTELO




Club deportivo Andatui Regodapedra / Tui

Benqueridos camiñantes:  

 Recordarvos que o día 7 de marzo organizamos a ruta de Sistelo (Portugal) ata o alto do nacemento do río Vez, circo glaciar no Xurés e montes da Peneda.  

 O desnivel parte de 218 m. ata os 1110 m. cunha dificultade alta tanto na subida como na baixada. 

 A distancia será de 22 km. aprox.  

 Recomendamos levar bastón, roupa de abrigo (na cima baixan moito as temperaturas), algo para comer. Auga podedes atopar bastante no camiño, pos pasamos por moitos regadíos e fontes.  

 Sairemos de centro interfederado ás 8 da mañán e voltaremos sobre ás 18:00 aprox. Os que queiran saír en Sistelo, a saída será ás 9:00 aprox.  

 Deixámosvos unha galería de imaxes da ruta.  

 Coordenadas Saída Centro Interfederado:  
42°02’24.5″N 8°38’41.1″W  
42.040145, -8.644739  

Coordenadas Saída Sistelo:  

41°58’24.0″N 8°22’26.4″W  
41.973333, -8.374011    

 Deixámosvos un vídeo que ensina as fermosas paisaxes que nos esperan.


 Para participar, apuntádevos aquí.   

 Vémonos no camiño.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario