CULTURA
GTB fotógrafo. Outra mirada
A Fundación Gonzalo Torrente Ballester inaugura o próximo martes, día 3 de marzo, unha exposición de fotografías do escritor Gonzalo Torrente Ballester
Infogauda / Santiago de Compostela
A Fundación Gonzalo Torrente Ballester inaugura o próximo martes, día 3 de marzo, unha exposición de fotografías do escritor Gonzalo Torrente Ballester, titulada GTB fotógrafo. Outra mirada.
A inauguración celebrarase na sede da fundación na rúa do Vilar de Santiago, ás 20:00 horas. A mostra foi elaborada a principios deste ano por dúas comisarias e alumnas en prácticas de Xeografía e Historia e Historia da Arte da USC, Lucía Alcaina e Begoña Álvarez, e coordinada polo xerente da fundación, Miguel Fernández-Cid.
Conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago e a USC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario