TRIBUNA ABERTA
¡CARENCIA TOTAL DE
SEGURIDADE!
Namentras
por cambiar unha porta se pretende sancionar o propietario con máis de 5.000€,
logo temos que ollar como en moitos puntos da nosa localidade donde se
levan a cabo obras de calquer tipo, e
así podemos atoparnos con calquer tipo de “obstáculo” sin que dende o
Departamento de Urbanismo do cal é máximo responsable o Sr. Freitas, nin do
Concelleiro de Vías e Obras, se tomen medidas, non só para facer cumplir ca
Lei, senón para ter un mínimo de garantía sobre as persoas e vehículos que
transitan polo lugar.
Como
testimuña do exposto anteriormente, podemos amosar estas fotografías que nos
fixeron chegar sobre unhas obras que se estaban desenrrolando na rúa Rosalía de
Castro, a carón da “alameda do século XXI”, donde a seguiridade en xeral
brilaba por tódolos sitios, operarios, peatóns, vehículos, etc., corrian o
risco de recibir un cascote ou unha esquirla en calquer momento, xa que as vallas,
a sinalización, os arneses, era intrumental descoñecido no lugar, namentras na
outra esquina da Alameda, os “chicos do Pauli” recaudaban papeletas a todo
aquel que circulaba sen cinturón.
Queremos
deixar claro, que polo lugar, pasan a cotío os estudantes do Colexio e do
Instituto da Sangriña, así como todos os que acuden o Centro de Saúde, polo que
o risco é moi alto.
Esperamos
que o Concelleiro de Urbanismo, Sr. Freitas, tome as medidas que corresponde e
non se quede todo en declaracións, ainda que nos “cheiramos” que todo vai dar...¡fumo
de xaruto!
A Guarda, a 12 de Marzo do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez
“Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Urbanismo
Concello de A Guarda
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario