13 de mar. de 2015

TOMIÑO

O BNG de Tomiño continúa a súa xeira de asembleas abertas
  

 BNG / Tomiño

 O Bloque Nacionalista Galego ven desenvolvendo xuntanzas que pretenden chamar á sociedade para debatir constructivamente o papel do BNG ,e así por enriba da mesa tódalas achegas, suxestións e críticas para seguir mellorando o Concello de Tomiño.  

 Así pois o BNG convida a tódalas veciñas e veciños de Tomiño a participar na vindeira asemblea aberta que terá lugar este venres 13, ás 20:30, no local do BNG sito na rúa A Guarda.  

 Entre todos temos que construír un proxecto ilusionante e transformador, polo que é moi importante que a veciñanza participe e apoie coas súas ideas este obxectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario