17 de marzo ás 21.30 h
CGAC
Actividade gratuíta
O vindeiro martes 17 de marzo ás 21.30 h terá lugar unha nova edición de Nerdnites organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co CGAC.
Ao longo destas noites tan especiais, os convidados falan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico. Son conversas sobre literatura, política, medicina, matemáticas, bioloxía… que teñen como premisa a sinxeleza de conceptos e contidos.
As Nerds nacen en Estados Unidos e chegan hai tres anos a Santiago de Compostela, que se converte na pioneira desta orixinal iniciativa en España. Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares.
Os relatores conxugan unha traxectoria académica brillante cunha gran capacidade comunicativa, requisitos esencias para participar na actividade. Cun formato de 15 minutos por exposición, nesta ocasión, acompañarannos o biólogo Jorge Del Oro e os profesores Santiago Brage e Julio González Díaz.
A cita terá lugar na Cantina do CGAC.
Programa:
Búscate a vida. Resolución de problemas complexos por transferencia interdisciplinar
Jorge Del Oro
Biólogo molecular
Érase unha vez? ¡un crime!
Santiago Brage
Profesor de Dereito Penal e Criminoloxía da USC
Matemáticas entremetidas: xogando co teu voto
Julio González Díaz
Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC
Julio González Díaz
Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC
Ningún comentario:
Publicar un comentario