CINCO PRACEIRAS/OS REIVINDICAN PODER TRABALLAR COMO SEMPRE O FIXERON, NOS SEUS POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS DE TOMIÑO
As imaxes son testemuñas fieis da existencia de un problema que ten doada solución se existe vontade para elo, por parte do goberno municipal de Tomiño - Fotos: E. Sobral
Infogauda / Tomiño
Na mañá deste mércores día 4 de febreiro de 2015, as praceiras que ata agora ocuparon seus correspondentes postos, na recen remodelada praza de abastos de Tomiño, manifestáronse cívicamente (con tódolos os permisos para elo) diante do mercado municipal, para facer pública súa lexítima reivindicación de poder continuar desenvolvendo á labor comercial, tal e como o viñan facendo desde fai moitos anos.
As cinco praceiras consideran que dentro da Praza de Abastos de Tomiño, teñen todo o dereito a continuar traballando nos seus postos como sempre o fixeron, e non aceptan de ningún xeito seren excluidas.
Desde Infogauda entendemos que por xustiza, o goberno municipal do Concello de Tomiño deberá, máis cedo que tarde, atender á lexítima recramación dos praceiros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario