24 de xan. de 2026

A GUARDA

Reunión dos representantes da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N.G.) co Concello de A Guarda e Deputación de Pontevedra 

 Para tratar sobre a Exposición de Filatelia Temática, Campionato de España (FILATEM 2026) que se celebrará do 8 ao 12 de outubro de 2026, na Casa dos Alonso


De esq. á der.: Marcelino Portela Lorenzo, vicepresidente da SFeNG; Jorge Cubela López, deputado provincial de Cultura; Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Cultura do Concello de A Guarda; e José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da SFeNG
Foto: D.PO.
Vista da Torre e Praza do Reloxo
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Onte, venres 23 de xaneiro, José Ángel Gándara Rodríguez e Marcelino Portela Lorenzo, representantes da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N. G.) e Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Cultura do Concello da Guarda, desprazáronse a capital da provincia para reunirse no pazo da Deputación de Pontevedra, con Jorge Cubela López, deputado de Cultura, Xuventude e Reto Democráfico e Desenvolvemento Rural, e tratar do patrocinio e desenvolvemento da Exposición de Filatelia Temática, Campionato de España (FILATEM 2026), que xunto á Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) celebrarase do 8 ao 12 de outubro, na Casa dos Alonso, na Guarda.   

 A mostra, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.e N.G.) e pola Federación Española de Sociedades Filatélica (FESOFI), estará patrocinada pola Deputación de Pontevedra e Concello da Guarda. 

 Asemade, contará coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, e tamén de Correos, que confirmaron que con motivo da exposición editarán un selo de Correos, para o cal, en colaboración co Concello de A Guarda, será elixida unha imaxe da Praza do Reloxo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario