TRIBUNA ABERTA
Carta informativa dunha praceira indignada coas medidas exclusivas e abusivas do concello de Tomiño dende a posta en marcha do novo mercado municipal de Tomiño:
Somos 5 familias afectadas, que tiñamos un posto na praza de abastos e que quedamos sin el. Quedamos sin o posto porque según o Concello prohíbese a venta ambulante dentro da praza. Pero que venta ambulante? Nos vimos da lonxa pa praza como faen os demais que alí venden, e levamos anos vendendo.
O que sucede e que non nos queren na praza. Diseñaron unhas bancadas de aceiro, colocáronas, e mais tarde sacáronas, sin mais explicacions.
O que pretenden e que collamos un posto fixo na praza, e estar abertos mañán e tarde 6 días semanales.
Nos pedimos que coloquen as bancadas e nos deixen traballar.
A xente apóianos, porque son moitos anos traballando alí. Algúns levan mais de 30 anos.
Nos queremos seguir indo un día a semana, os mércores de mercado, como se viña faendo ata agora. Non poden ignorar que levamos ahí anos traballando cando as condicions eran mais precarias, e agora que remodelaron favorecer a outros e esquencerse dos que fomos a alma da plaza durante estes anos. Sen os nosos postos durante este tempo todo a praza hubera sido un almacen.
No meu caso levo traballando na praza 27 anos todos os mércores. Pagábamos uns recibos mensuales coma todos os que alí vendían. Tiñamos un posto alugado o noso nome.
A hora de falar co concello a única solución que propoñen e a alternativa que nos dan, e pagar 5.000 euros por un posto e estar na praza mañán e tarde, cando o noso modo operandi como vendedores, é a venta en diferentes plazas que imos alternando, segundo o día de mercado, como se viña faendo de sempre.
Como pretenden que levántandonos as 3 e media da mañán, para ir a lonxa estemos abertos de 9 a 2 e de 5 a 8, e os tempos non están como para poñer empleados, xa así é moi duro sobrevivir e o horario é esclavizado.
O que pretende o Concello de Tomiño e que nos vaiamos cas orellas gachas sin facer barullo, pero non vai ser así.
Loitamos polo noso pan e os nosos dereitos adquiridos co paso destes anos todos que nos avalan, e chegaremos onde faga falta por reivindicar o que consideramos como noso.
Estrella Sobral Sousa.
27 anos de praceira en Tomiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario