26 de xan. de 2026

DEPORTES

 ATLETISMO

Alba Vasconcellos Rodríguez, bronce por equipos 

  No Campionato de España de Campo a través 


Alba Vasconcellos Rodríguez
Alba Vasconcellos - 2ª pola der.- no podio, coas compañeiras do equipo galego da categoría sub16


Redacción Deportes / A Guarda

 O sábado, 24 de xaneiro celebrouse o Campionato de España de Campo a través individual e por Federacións Autonómicas e Inclusivo SSAA no circuíto do Pinillo, en Almodóvar del Río (Córdoba).

 Sobre un percorrido de 3.459 metros, a proba estivo marcada polo frío e, especialmente, por un circuíto moi embarrado debido ás choivas caídas nos días previos, aínda que sen precipitacións durante a competición. 

 A atleta guardesa Alba Vasconcellos Rodríguez, do club Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), participou representando á Selección Galega, logrando xunto ás súas compañeiras a medalla de bronce por equipos sub16. Na clasificación individual, Alba finalizou na 43ª posición, nunha proba cun total de 83 atletas. 

 O equipo galego estivo formado por Lea Núñez Carrascal (3ª), Mencía Álvarez Velasco (12ª), Xoana Rodil Illobre (18ª), Irene García Nebril (21ª) e Alba Vasconcellos Rodríguez (43ª), sumando un total de 33 puntos, o que lles permitiu subir ao podio. 

 Para Alba, esta competición supuxo unha experiencia especialmente valiosa, xa que aínda é novel na categoría. A pesar de sufrir unha caída durante a carreira, a atleta mostrou un gran exemplo de superación, non se rendeu e conseguiu finalizar a proba, pechando o equipo. 

 "Desde o club e os seus adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira, sentimos moi orgullosos da súa actitude, esforzo e compromiso, valores que reflicten o verdadeiro espírito do atletismo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario