CONVERXENCIA GALEGA PLANTEXA VARIAS INTERROGANTES RESPECTO Á UNHAS RECENTES VISITAS GUIADAS
Fotografías facilitadas por Converxencia Galega / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez, Responsable Local de Converxencia Galega presentou no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha comunicación na que dí o seguinte:
¿¿GUÍAS TURÍSTICOS SEN TITULACIÓN E CA BENDICIÓN MUNICIPAL??
Fai poucos días recibimos unhas fotografías remitidas por un veciño, quen
nos manifestou a súa molestia polo que estaba ollando naquel momento, xa que
tendo no paro a un familiar que había estudado Turismo, estaba ollando como un
“mestre” que ata donde se sabe, seus estudos turísticos son “0” , tiña as chaves de acceso o
Museo do Mar, e dirixía a un grupo de visitantes dos EE.UU. – ata donde nos
sabemos o referido veciño e mestre, non domina o idioma da Gran
Bretaña, polo que somentes lle quedaba a comunicación por signos -, e carecendo
de calquer tipo [de] vínculo laboral co Concello de A Guarda, somente tiña a
imaxe “añexada” de aparecer nos carteis
electorais de fai anos do PSOE e hoxe seguramente pasaba a “factura” de
servicios prestados.
Despois de
pensar ben estes feitos, xúrdennos unha serie de preguntas, ¿si tivera algún
tipo de percance e ou accidente sería a conta do Concello a asistencia
médica? ¿Este tipo de actuación é válida para calquer veciño/a de A
Guarda que queira gañar uns euros programando pola súa conta visitas
guiadas? ¿Para facer esta actividade non é preciso ningún tipo de
titulación? ¿Sirve o carné do partido de goberno e a amistade cos que
gobernan? ¿Foi “gratiñán a actividade ou recibiu algunha compensación
económica? ¿Será legal a actuación e que cobre por estes feitos?
¿Terán algo que decir os técnicos do Concello que cobran por facer cumplir a
legalidade e administrar sanamente os ”diñeiros públicos” ou mirarán para outro
lado?
Dende Converxencia Galega, non
entendemos estes feitos máis que para reflexar a chapuza da actuación municipal
do Equipo do Sr. Freitas, na que están implicados o resto dos seus
concelleiros, especialmente os vinculados a Turismo e Cultura, pero donde non
hai non se pode sacar, e polo tanto, haberá que seguir esperando e descontando
o tempo que falta para chegar a maio e despedir a este Goberno Municipal, que
sin dirección e sin programa, está levando o pobo de A Guarda, os peores tempos
que somentes recordan os máis vellos do lugar.
A Guarda, a
22 de xaneiro do 2.015
Xosé María Martínez
Rodríguez “CHECHU”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Secretaria
Sra. Interventora
Concello de A Guarda
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario