CONVERXENCIA GALEGA SINALA O PERIGO EXISTENTE NO CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE A GUARDA
O cableado do pararraios presenta un evidente deterioro
A instalación do pararraios existente no Centro Cultural e Social de A Guarda, presenta un evidente perigo para os usuarios desas instalacións públicas - Fotografías. Converxencia Galega - A Guarda
Infogauda / A Guarda
A traverso de un escrito presentado no rexistro municipal de entradas, Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de comunicar o Concello de A Guarda, a situación na que se atopa á instalación do pararraios existente no Centro Cultural e Social de A Guarda.
¿SEGUIREMOS ASÍ MOITO TEMPO?
Según parece, e según fomos avisados, esta situación leva bastante tempo e dela son coñecedores algúns membros do Goberno Municipal do PSOE e da Policía Local que en diversas ocasións foron advertidos sobre o risco que significa este cableado nesas condicións.
O que está a vista non precisa moitas explicacións, polo que este é o panorama que ofertamos a todos aqueles que acuden por diversos motivos o Centro Cultural, locais e visitantes que asisten os diversos actos que alí se celebran, turistas que acuden a Oficina Informativa alí existente ou a quenes acuden a biblioteca.
Isto que leva tempo así, que o miran tódolos días quenes acuden a estas instalacións, parece que non lles importa a quenes “dirixen” o noso pobo, e así logo teos que escoitar comentarios de propios e extraños, que sorprende cando logo facemos propaganda da “cantidade de títulos” que temos acumulados, que polo que se vé si non os pagas non os recibes, xa que doutra maneira é imposible que isto aconteza cun pobo abandonado a súa sorte, polo que dende Converxencia Galega, vimos a solicitar, especialmente do “Candidato” como responsable da (in)cultura, que proceda a pedir que se dé unha caricia o Centro Cultural e adecentemos a súa fachada e arranxemos a “desfeita” existente neste lugar, no só no edificio, senón tamén nos xardíns, alumeado, limpeza, etc.
A Guarda, a 27 de xaneiro do 2.015
Xosé María
Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de
Vías e Obras
Sr. Concelleiro de
Servizos
Sr. Concelleiro de Cultura
Concello de A Guarda
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario