Nova asemblea aberta do BNG "Construíndo Futuro" na Guarda
A formación nacionalista chama á implicación cidadá neste proceso impulsado polo BNG baixo a denominación “Construíndo futuro” de cara ás vindeiras eleccións municipais.
O BNG volta a chamar a transformar toda indignación veciñal en enerxía positiva, e construírmos o futuro da Guarda dende a participación.
Este mércores,4 de febreiro, ás 20:30, na sala de exposicións do Centro Cultural o BNG convoca a todas as veciñas e veciños a participar nesta asemblea aberta para debater cal é o futuro que queremos para o noso concello, e, a comezar a construírmolo dende xa, entre todos e todas recollendo ideas, opinións e propostas abrindo así un debate porque é o momento de sumar esforzos.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario