CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN Á ELABORACIÓN DE UN PLAN DE EMERXENCIAS MUNICIPAL
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte moción:
PLAN DE EMERXENCIAS
MUNICIPAL
A Guarda ten un
termo municipal moi pouco extenso (20,5 km2); pero cunha alta densidade de
poboación (+505 habitantes por km2). Unha densidade humana que en moi poucas
zonas de Europa existen, fora das grandes urbes metropolitanas (Londres, París,
Moscú,...). Pero ollando a nosa estructura de ocupación do territorio, a
inmensa maioría da poboación do Concello de A Guarda, viven en apenas 7 Km2; o
que fai que a densidade real sexa moito máis alta, que a recollida nas
diferentes estadísticas oficiais, así a zona urbana da vila guardesa ten
valores superiores ós 1.300 habitantes por km2.
Despois de algo
máis dun ano en funcionamento do servicio do GES, é evidente que debemos
implementar máis medidas de seguridade para os nosos cidadans; sendo necesarias
que sexan recollidas nun documento que intente abarcar os máis variados e
posibles riscos ós que teñamos que enfrontarnos. Entendemos que o fin do “Plan
de Emerxencias Municipal” é anticiparse ante as posibles situacións de risco,
coñecer que medios humans podemos dispor, medios materiais, económicos, medidas
de coordinación e un mando áxil,...
Nas situacións
de emerxencia, unha resposta rápida e adecuada nos primeiros intres é un dos
elementos máis importantes. No citado “Plan de Emerxencias Municipal” faise
necesario ter elaborados plans de evacuación de edificios públicos e outros
privados onde polas súas características acollen a gran número de persoas; ter un
procedemento normalizado de evacuación de edificios; ter unha resposta
entrenada, para minimiza-lo tempo de saida.
Este tema,
durante anos estivo esquecido de todos, nunca pasou máis aló de figurar en
algúns folletos de propaganda electoral. Pero, polos motivos que fose; nunca
foi levado á realidade.
Ante isto; o
grupo municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, propón o Pleno
do concello a toma do seguinte acordo.
1º) Elaboración dun Plan de Emerxencias Municipal
do Concello de A Guarda, onde participen membros da Policía Local, GES e
profesionais de outros ramos.
A Guarda, a 30
de xaneiro do 2.015
Xosé María
Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario