CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA UNHA IMAXE TERCERMUNDISTA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE A SANGRIÑA
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
¡¡¡OUTRA OCASIÓN PERDIDA!!!
O pasado sábado, unha vez máis e xa non sabemos cantas van, o Equipo de
Goberno do PSOE, volveu a amosar a imaxe tercermundista a que nos ten acostumbrados,
e cando no Pavillón Municipal era o punto de referencia deportiva na zona, ca
asistencia de diversos medios de comunicación, a presencia da TVG e cas
instalacións abarrotadas de público local e de distintos puntos da provincia e
de Portugal, cando se disputaba o encontro entre o Atlético Guardés e o B.M.
Porriño, partido de máxima rivalidade, ca asistencia do Sr. Alcalde e diversos
membros do Equipo de Goberno, incluido o candidato para as próximas municipais,
tivemos que pasar a vergoña, de ver como no momento en que se lesionou unha
xogadora, a tiveron que levar a “la silla de la reina” menos mal, que todo
quedou nun susto, pero todos se preguntaban ¿donde está a camilla?
¿Será tan cara que non hai partida presupostaria para mercala?
¡¡Unha vez máis voltamos a facer o ridículo sen que ninguén do Goberno do
PSOE se poña colorado!!
A deixadez
e abandono das responsabilidades de goberno, fai moito tempo que o Sr. Freitas
e seu equipo teñen abandonado, xa que dende o inicio desta lexislatura,
somentes teñen unha preocupación o fin de mes, non existe programa nin vontade
de facer que este pobo vaia adiante, e o resultado é a conversión de A Guarda,
dun barrio marxinal dos pobos dos arrededores e que se desangra ca marcha cara
a emigración da xuventude preparada e que non atopa donde desenrrolar as súas
actividades e os demais teñen que ver con tristura como día a día van pechando
negocios.
Moita
xente, tamén se pregunta donde están os membros da Agrupación Local de
Protección Civil que dín que existe no noso pobo, resposta que debería dar o
Xefe e o Concelleiro delegado da mesma, o mesmo tempo que debería insinar
titulación adquirida polos mesmos a través de cursos homologados para poder
intervir nestas situacións.
A Guarda, a 27 de xaneiro do 2.015
Xosé María Martínez
Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Protección Civil
Sr. Xefe da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario