3 de feb. de 2015

A GUARDA

¿SERÁ ESTA UNHA IMAXE DE “ATRACCIÓN TURÍSTICA”?

O antigo vertedoiro de Bazar, coas portas abertas para veciños e visitantes 
Fotografía facilitada por Converxencia Galega / A Guarda

 Namentras no Concello, a través de publicidade nos distintos medios de comunicación desenrrolamos “grandes campañas” para a atracción de turistas hacia o noso pobo, unhas con máis éxito que outras, deixamos de lado os pequenos detalles que fan que as mesmas se esmorezan e sirvan de crítica de quen nos visita.

 Dende Converxencia Galega, temos presentado diante do concello diversas críticas  recibidas o longo do tempo, tanto do sector da hostelería e da restauración, algunhas das cales, provocan que  recibamos “publicidade negativa” e deixen de visitarnos.

 Fai poucos días, recibimos esta fotografía, que –independientemente de quen sexan os propietarios - o acceso o antigo vertedoiro de Bazar, nas condicións actuais, permite que distintas empresas e persoas, tanto da localidade como doutros pobos,  fagan vertidos de diversos materiais, algúns deles altamente contaminantes que co tempo terminan no mar, ante a costume de “mirar para outro lado” de quenes teñen a obriga de cumplir e facer cumplir a Lei, e que pasan a diario polo lugar.

 Queremos facer referencia a que esta “imaxe” queda no traxecto do Camiño Portugués pola Costa, vía de tránsito hacia Oia de peregrinos nacionais e doutros lugares.

 Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, para que de xeito directo pola Alcaldía ou a través do Concelleiro en quen delegue, para que de xeito inmediato se proceda a tomalas medidas oportunas a fin de que se resolva esta “imaxe” na “porta de acceso pola costa para turistas e visitantes que acuden o noso pobo.

A Guarda, a 21 de xaneiro do 2.015
  

Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega

  
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda   

(R.)           

Ningún comentario:

Publicar un comentario