27 de nov. de 2014

LECER

El espectáculo gallego «¡Vivan los niños!», mejor musical infantil del año
El espectáculo transmite valores positivos. GONZÁLEZ

 En los premios Broadway World Spain 2014 se hizo también con el galardón a mejor diseño de sonido.

O ROSAL

CHARLA INFORMATIVA SOBRE FAMILIAS ACOGEDORAS EN EL CENTRO SOCIAL DE O ROSAL

 Desde Cruz Roja queremos recordar que todos podemos ayudar a los niños y niñas de nuestra localidad que atraviesan temporalmente una situación difícil dentro de su núcleo familiar


Neli Rodríguez / O Rosal

 El próximo viernes 28 de noviembre a las 20:00 horas, en el Centro Social Polivalente - Rúa Cabaqueiros, nº 4, de O Rosal - tendrá lugar una charla informativa sobre el programa de familias acogedoras que la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia realiza a través de Cruz Roja.

 Desde Cruz Roja queremos recordar que todos podemos ayudar a los niños y niñas de nuestra localidad que atraviesan temporalmente una situación difícil dentro de su núcleo familiar. 

 En 1995 Cruz Roja comienza a gestionar el proyecto de familias acogedoras de la Xunta de Galicia con el objetivo de ayudar a todas aquellas familias que atraviesan una situación de crisis o dificultades que no les permite atender correctamente, de modo temporal, a sus hijos e hijas. 

 El objetivo de esta actividad es divulgar el proyecto de Acogimiento Familiar que la entidad está llevando a cabo en colaboración con la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia y el Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. 

 Además pretendemos resaltar la importancia que la familia tiene en el desarrollo integral de los menores, ya que es reconocida universalmente como una unidad básica de la sociedad. A pesar de los muchos cambios sociales que han alterado sus roles y funciones, la familia continúa siendo la estructura natural para el apoyo esencial emocional y material para el crecimiento y bienestar de sus miembros. Otro de los objetivos consiste en informar y sensibilizar a la población sobre la situación de los menores así como captar y aumentar el número de familias implicadas.  

 El proyecto es un recurso que tiene como principal objetivo proporcionar una alternativa a los menores con edades comprendidas entre los cero y los dieciocho años, cuyas familias atraviesan una situación de crisis o dificultad que les impide atender correctamente, de forma temporal, a sus hijos. De este modo, se favorece el acogimiento temporal de niños y adolescentes en un entorno que no es el suyo, convirtiéndose en una alternativa de convivencia en familia para los menores que se encuentran en una situación de riesgo o de abandono procurando mantener, siempre que sea posible, el contacto con su familia de origen.

 En la actualidad 25 familias están acogiendo a 32 menores en la provincia de Pontevedra. 

 Este proyecto es atendido por un equipo de profesionales de la entidad que analizan cada posible situación y buscan la familia idónea para cada menor, proporcionando el apoyo y la formación necesaria a las familias, realizando un seguimiento continuo del acogimiento.  

 Para participar como familia acogedora y formar parte del Proyecto de Acogimiento Familiar puede hacerlo cualquier familia, con independencia del número de miembros de la unidad familiar, de su estado civil o de su condición social, aunque si tienen que cumplir unos criterios de idoneidad como tener ausencia de finalidad adoptiva, respetar y aceptar las características del menor y de la familia de origen y que exista acuerdo por parte de todo el núcleo familiar de cara al acogimiento. 

 Las familias interesadas pueden informarse en: 
 Teléfono: 986 852 115 
 pontevedra@cruzroja.es 
o en Cruz Roja Baixo Miño 986 614 609 laguardia@cruzroja.es

CAMPOSANCOS

PLENO EXTRAORDINARIO DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS

Terá lugar este venres día 28 de novembro ás 20:00 horas.


Infogauda / Camposancos

 O presidente da Entidade Local Menor de Camposancos ven de convocar unha sesión extraordinaria da Xunta Veciñal de Camposancos, para este venres día 28 de novembro - na convocatoria figura o venres día 29 de novembro, seguramente segundo o calendario particular do secretario, Fernando Coello Vicente, como xa aconteceu noutra ocasión precedente -, ás 20:00 horas.

 A Orde do Día está formada polo seguintes asuntos:

 1º.- Aprobación da Conta Xeral 2013.

 2º.- Proposta da Presidencia da aprobación do Regulamento sobre o uso da Factura Electrónica.

 3º.- Proposta da Presidencia para a adhesión ao punto de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do estado.

 4º.- Ratificación detallada do acordo de permuta con D. Simón Iglesias Martínez aprobado no pleno celebrado o 14 de abril de 2014 coma cuarto punto da orde do día.

 5º.- Ratificación detallada do acordo de permuta con D. Miguel Sousa Alfonso aprobado no pleno celebrado o 14 de abril de 2014 coma quinto punto da orde do día.

 Con esta convocatoria - dada a coñecer nalgún caso concreto no día de onte 26 de novembro ás 21:50 horas - faise entrega dun DVD con toda a documentación da Conta Xeral 2013, e copias das propostas da Presidencia. Toda esta documentación está dispoñible, así mesmo, na oficina da Entidade de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

 Convocados: Rafael Rodríguez Rivero, María Luz Alonso Carrero, Almudena Verde Pérez e María Jesús Martínez Martínez.

CULTURA

TINO BAZ, BIOGRAFÍA DE UN GUARDÉS EXCEPCIONAL


Infogauda / A Guarda

 A biografía do gaiteiro, cantautor, músico e poeta guardés, Tino Baz Baz, ven de incorporarse na Rede de redes, o cal merece que todos lle botemos unha ollada para que coñezamos un pouco máis, a trascendencia da súa Arte e do seu compromiso coa Cultura e coa Liberdade, e se cadra, todos adeprendamos a valora-lo como é merecente.

CULTURA

FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ - KOKI, POETA NA PATRIA DE GARCÍA LORCA

Participou no III Encuentro "Poetas Andaluces de ahora", que se celebrou do 21 o 23 de novembro na cidade de Granada


De esquerda a dereita, Yutaka Hasono, de Xapon; Francisco Álvarez - Koki, de A Guarda (Galicia),  Abdelhak Souitat, de Túnez e Pedro Enríquez, de Granada, no recital poético que organizou o programa de radio La voz a ti debida, na cidade de Granada.

O poeta guardés Francisco Álvarez - Koki recitando poesías da súa autoría no Salón de Columnas, do Carmen de los Mártires, no recinto de La Alhambra (Granada).
Vista parcial do público - maioritariamente poetas de todo o estado español - que asistiu o recital que tivo lugar no Salón de Columnas, onde Francisco Álvarez - Koki, recitou versos, acompañado polos acordes de guitarras


Redacción / Infogauda

"Poetas andaluces de ahora", proxecto literario que se puxo en marcha en maio de 2010, para ser o espello da labor poética de hoxendía dos autores andaluces, e no que participan, compartindo súas obras, máis de medio cento de autores, representantes das oito provincias andaluzas; ven de celebrar na cidade de Granada, do 21 o 23 deste mes de novembro, seu III Encuentro "Poetas Andaluces de ahora", que nesta ocasión tivo como marco incomparable o Salón de Columnas, do Carmen de los Mártires, no interior do recinto da Alhambra.

 Os poetas participantes nese III Encuentro foron os seguintes: Amaya Martín (Córdoba), Ana Díaz, Ana María Rodriguez Melguizo(Granada) - IN MEMORIAM -; Ángeles Asensio (Córdoba) Antonia Guerra (Cádiz) Antonia Maíllo (Córdoba), Antonio Quero Matas, Araceli García Martín (Granada), Aurora Gámez Enriquez (Málaga), Azpeitia (San Sebastián, País Vasco), Carmen Aguirre (Málaga), Carmen Rodríguez González (Granada), Carmen Sánchez Melgar (Algeciras - Cádiz), Chelo de la Torre (Madrid), Concha Gorostiza Dapena(Conil - Cadiz), David López Rodriguez (Granada), Débora Pol (Madrid), Elisa Remón (Granada). Emilio Maldomado (Jaen), Encarna Gómez Valenzuela (Pegalajar, Jaén) Enrique Palma Marin( Granada), Francisco Espada Villarubia( Sevilla), Francisco Javier García García Francisco Álvarez - Koki (Galicia), Gabriel Salguero Mezcua (Granada) Inmaculada Nogueras Montiel (Granada), Isabel Berdugo(Cádiz), Isabel Rezmo (Úbeda, Jaén), Israel Álvarez (Sevilla), Javier Guerrero (Granada), Jesús Rosado Badillo (Ronda, Málaga), José Manuel Ortega, Jose María Cardoso Arroyo (Algeciras), José Romero, José Antonio Lavado del Pozo, José Luis López Enamorado (Granada), José María Cardoso Arroyo (Algeciras), Juan Emilio Ríos Vera (Algeciras, Cádiz), Julia Caru (Córdoba,) Leni Sundari (Granada), Luisa María Balboa (Algeciras, Cádiz ), Marcos Jimenez León (Jaén), Marina Sánchez (Granada), Marisa Duque (Madrid), María José Sierra (Granada), María Pizarro (Córdoba), María Sánchez (Cádiz), María Teresa Cobos Urbano (Malaga), María Ángeles García Garrido (Granada), Mercedes Dueñas (Cáceres), Nuria Gonzalez Carrillo (La Línea), Paco Ayala (Granada), Patricia López Castillo (Córdoba), Patricio Gonzalez García (Algeciras), Pedro Enríquez (Granada), Pilar Bueno(Granada), Pura Fernández Segura (Granada), Puri Teruel Robledillo (Linares, Jaén), Rocío Biedma (Jaén), Salomé Ortega Martinez( Granada) Santiago Mojica Serrano( Granada), Santiago Pablo Romero (Huelva), Teresa Ariza (Granada), Virginia Fernandez (Almería), y Yolanda García Ares (Cádiz).

 Asemade, o poeta Francisco Álvarez - Koki, xunto con outros autores como Yutaka Hasono, de Xapon,  Abdelhak Souitat, de Túnez e Pedro Enríquez, de Granada, tamén participou en un recital poético que organizou o programa de radio La voz a ti debida, na cidade de Granada.

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE "(...) SEGURAMENTE SEXA PRECISO DECIRLLE AOS MEMBROS DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE ONDE ESTÁ A RÚA MANUEL ÁLVAREZ (...)"
 Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello, a seguinte comunicación:

ABANDONO E DETERIORO DA RÚA MANUEL ÁLVAREZ

 Non é necesario explicarlle os/as nosos/as veciños/as onde está a rúa Manuel Alvarez, pero seguramente si sexa preciso decirllo aos membros do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, xa que parece que a teñen tan esquecida, que ou pasan nos coches municipais ou van distraidos, que non se enteiran da realidade da mesma, anque algún/ha dos/as asesores/as do Concello teñan séu intereses naquela rúa o avenida adicada a quen, tal é como sinalan os máis vellos do lugar, foi o mellor alcalde de A Guarda.

 Debemos destacar que a rúa de referencia xunto ca Praza de Avelino Vicente e Concepción Arenal, son nestes momentos, un dos polos de maior actividade comercial e de núcleo urbano do noso pobo, e vía de tránsito de persoas e vehículos que veñen do Porto, A Cruzada, Camposancos, etc., polo que tendo en conta a súa gran relevancia económica, comercial, de ubicación e tránsito, etc., debería ser un dos lugares mellor coidados e atendidos, xa que é un dos “escaparates” da vila de A Guarda cara o público.

 Ante o que expoñemos, dende Converxencia Galega, consideramos que nos atopamos xustamente con todo o contrario:

 1º).- Os espacios adicados a xardíns, están nún estado de abandono que xa ven sufrido dende fai varios anos. Os marcos metálicos de peches destes espacios están totalmente oxidados, moitos deles rotos e os máis  inservibles. Todo isto da unha imaxe de abandono e descoido neglixente, aprecian tódalas persoas, da localidade ou de fora que transitan pola mesma, e a sufren os residentes e comerciantes do lugar.

 2º).- No inicio da rúa existe unha marquesina, a cal leva máis de dóus anos sen un dos corpos que conforman o peche posterior, polo que, especialmente na tempada invernal, xa non é un lugar de parada para as persoas maiores e paseantes do lugar, pero agora os paneis laterais se convertiron nún “punto de pegada” de publicidade de todo tipo. Esta imaxe de porcalladas e descoido dos béns públicos, é a primeira imaxe que contemplan quenes nos visitan a cotío ou na tempada veraniega, na que o Equipo de Goberno do PSOE, non fai máis que publicitala cunha cantidade de títulos acadados –algúns deles de previo pago- que si quenes os conceden nos visitaran, de seguro que fuxian diante deste “espectáculo- en pleno centro da localidade, pero que por enriba de todo, non temos que soportar os  que residimos en A Guarda. 

 3º).- Por outra banda, o enlousado das veirrúas, levan anos sin ser reparadas, en moitos casos por obras municipais, e outras feitas por residentes que non foron supervisadas polos Técnicos Municipais, e están feitas de calquer maneira, menos pola que indica a normativa, polo que a imaxe é núns sitios de afundimento, noutros, están as lousas levantadas e noutros puntos “brilan” pola súa ausencia, o que fai perigoso o moverse por esta rúa.

 Dende Converxencia Galega, poderíamos seguir falando de máis carencias (os accesos a algúns garaxes, por exemplo), pero somentes queremos referirnos a unha situación, por riba das ideoloxías e partidismos, que cando se adica unha rúa, xardín ou calquer outro espacio a unha persoa que desempeñou un cargo público, como é o caso de un alcalde, e concretamente neste caso, donde dende pequenos escoitamos os nosos maiores falar con respeto de D. Manuel Álvarez como ó mellor alcalde que tivo A Guarda, se debería ter unha atención especial para a conservación de dito espacio, o mesmo pasaría noutras rúas e prazas que tamén están en estado moi precario e adicadas a cargos elexidos polo pobo guardés no seu momento.

 Todo o anterior, dános mostras de que o Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, é unha desfeita, na que cada ún tira po séu lado, sen ideas e non fai nada por atender o máis básico, a limpeza e mantenemento das rúas, e ante iso, evidentemente, tampouco se lles pode pedir moito máis, xa que nin queren nin poden escoitar a naide.

A Guarda, a 25 de novembro do 2.014

 Rexistro de Entrada nº 7.048
Data de Rexistro: 25.11.2014


 Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega




Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

GONDOMAR

Inauguración da mostra fotográfica 
“I T I N E R A N C I A (S)”, 
de Santi Vega  no IEM


Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar

  Continuando co calendario exposicións de arte  na Aula de Cultura Ponte de Rosas, temos o agrado de convidarvos á inauguración de “ITINERANCIA(S)”, unha selección de traballos de fotografía de gran e pequeno formato da colección autoría de SantiVega. Será o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:30 horas na Avenida da Feira nº 10, baixo (Gondomar).  

 A colección de Santi Vega vén de ser seleccionada pola Fundación AENA para o seu catálogo de fotografía 2014, no marco do Premio Nacional que outorga a institución. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, dende o 2012 a súa obra forma parte da galería AboutArt de Pontevedra. Para os miñoranos e miñoranas, a figura de Santi é moi próxima pois exerceu ata hai pouco o sacerdocio ao fronte das igrexas parroquiais deCamos, Priegue e Parada, onde acolleu xeiras e eventos organizados polo IEM no eido da difusión do patrimonio cultural. Ademais, é un activo colaborador e participante das actividades da nosa asociación. Na actualidade exerce como crego da igrexa O Rocio de Coia.  

 O acto inaugural contará coa presentación do seu traballo e traxectoria a cargo doutro membro da casa, o artista plástico Fernando Casás, así como dos coordinadores da Aula, os compañeiros Antonio Soliño Troncoso e Fino Lorenzo. Rematado o coloquio, compartiremos  co artista un xeitoso viño das Bodegas Terras Gaudas, e unhas gorentosas roscas da Panadería Copena de Gondomar, entidades amigas e fornecedoras da sala de exposición.