27 de nov. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE "(...) SEGURAMENTE SEXA PRECISO DECIRLLE AOS MEMBROS DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE ONDE ESTÁ A RÚA MANUEL ÁLVAREZ (...)"
 Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello, a seguinte comunicación:

ABANDONO E DETERIORO DA RÚA MANUEL ÁLVAREZ

 Non é necesario explicarlle os/as nosos/as veciños/as onde está a rúa Manuel Alvarez, pero seguramente si sexa preciso decirllo aos membros do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, xa que parece que a teñen tan esquecida, que ou pasan nos coches municipais ou van distraidos, que non se enteiran da realidade da mesma, anque algún/ha dos/as asesores/as do Concello teñan séu intereses naquela rúa o avenida adicada a quen, tal é como sinalan os máis vellos do lugar, foi o mellor alcalde de A Guarda.

 Debemos destacar que a rúa de referencia xunto ca Praza de Avelino Vicente e Concepción Arenal, son nestes momentos, un dos polos de maior actividade comercial e de núcleo urbano do noso pobo, e vía de tránsito de persoas e vehículos que veñen do Porto, A Cruzada, Camposancos, etc., polo que tendo en conta a súa gran relevancia económica, comercial, de ubicación e tránsito, etc., debería ser un dos lugares mellor coidados e atendidos, xa que é un dos “escaparates” da vila de A Guarda cara o público.

 Ante o que expoñemos, dende Converxencia Galega, consideramos que nos atopamos xustamente con todo o contrario:

 1º).- Os espacios adicados a xardíns, están nún estado de abandono que xa ven sufrido dende fai varios anos. Os marcos metálicos de peches destes espacios están totalmente oxidados, moitos deles rotos e os máis  inservibles. Todo isto da unha imaxe de abandono e descoido neglixente, aprecian tódalas persoas, da localidade ou de fora que transitan pola mesma, e a sufren os residentes e comerciantes do lugar.

 2º).- No inicio da rúa existe unha marquesina, a cal leva máis de dóus anos sen un dos corpos que conforman o peche posterior, polo que, especialmente na tempada invernal, xa non é un lugar de parada para as persoas maiores e paseantes do lugar, pero agora os paneis laterais se convertiron nún “punto de pegada” de publicidade de todo tipo. Esta imaxe de porcalladas e descoido dos béns públicos, é a primeira imaxe que contemplan quenes nos visitan a cotío ou na tempada veraniega, na que o Equipo de Goberno do PSOE, non fai máis que publicitala cunha cantidade de títulos acadados –algúns deles de previo pago- que si quenes os conceden nos visitaran, de seguro que fuxian diante deste “espectáculo- en pleno centro da localidade, pero que por enriba de todo, non temos que soportar os  que residimos en A Guarda. 

 3º).- Por outra banda, o enlousado das veirrúas, levan anos sin ser reparadas, en moitos casos por obras municipais, e outras feitas por residentes que non foron supervisadas polos Técnicos Municipais, e están feitas de calquer maneira, menos pola que indica a normativa, polo que a imaxe é núns sitios de afundimento, noutros, están as lousas levantadas e noutros puntos “brilan” pola súa ausencia, o que fai perigoso o moverse por esta rúa.

 Dende Converxencia Galega, poderíamos seguir falando de máis carencias (os accesos a algúns garaxes, por exemplo), pero somentes queremos referirnos a unha situación, por riba das ideoloxías e partidismos, que cando se adica unha rúa, xardín ou calquer outro espacio a unha persoa que desempeñou un cargo público, como é o caso de un alcalde, e concretamente neste caso, donde dende pequenos escoitamos os nosos maiores falar con respeto de D. Manuel Álvarez como ó mellor alcalde que tivo A Guarda, se debería ter unha atención especial para a conservación de dito espacio, o mesmo pasaría noutras rúas e prazas que tamén están en estado moi precario e adicadas a cargos elexidos polo pobo guardés no seu momento.

 Todo o anterior, dános mostras de que o Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, é unha desfeita, na que cada ún tira po séu lado, sen ideas e non fai nada por atender o máis básico, a limpeza e mantenemento das rúas, e ante iso, evidentemente, tampouco se lles pode pedir moito máis, xa que nin queren nin poden escoitar a naide.

A Guarda, a 25 de novembro do 2.014

 Rexistro de Entrada nº 7.048
Data de Rexistro: 25.11.2014


 Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega




Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario