PLENO EXTRAORDINARIO DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
Terá lugar este venres día 28 de novembro ás 20:00 horas.
Infogauda / Camposancos
O presidente da Entidade Local Menor de Camposancos ven de convocar unha sesión extraordinaria da Xunta Veciñal de Camposancos, para este venres día 28 de novembro - na convocatoria figura o venres día 29 de novembro, seguramente segundo o calendario particular do secretario, Fernando Coello Vicente, como xa aconteceu noutra ocasión precedente -, ás 20:00 horas.
A Orde do Día está formada polo seguintes asuntos:
1º.- Aprobación da Conta Xeral 2013.
2º.- Proposta da Presidencia da aprobación do Regulamento sobre o uso da Factura Electrónica.
3º.- Proposta da Presidencia para a adhesión ao punto de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do estado.
4º.- Ratificación detallada do acordo de permuta con D. Simón Iglesias Martínez aprobado no pleno celebrado o 14 de abril de 2014 coma cuarto punto da orde do día.
5º.- Ratificación detallada do acordo de permuta con D. Miguel Sousa Alfonso aprobado no pleno celebrado o 14 de abril de 2014 coma quinto punto da orde do día.
Con esta convocatoria - dada a coñecer nalgún caso concreto no día de onte 26 de novembro ás 21:50 horas - faise entrega dun DVD con toda a documentación da Conta Xeral 2013, e copias das propostas da Presidencia. Toda esta documentación está dispoñible, así mesmo, na oficina da Entidade de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Convocados: Rafael Rodríguez Rivero, María Luz Alonso Carrero, Almudena Verde Pérez e María Jesús Martínez Martínez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario