26 de maio de 2014

OPINIÓN

Las matemáticas de la izquierda 
Isaac Rosa

¿Cómo sumamos los votos de las fuerzas de izquierda? ¿Le ha restado votos Podemos a IU? ¿Es posible multiplicar para ser alternativa de gobierno?

OPINIÓN

Cinco claves del éxito de la campaña electoral de Podemos

Pablo Iglesias y sus compañeros durante la celebración de los resultados electorales. FERNANDO SÁNCHEZ

Eduardo Muriel

Los resultados de las elecciones europeas han cogido a todo el mundo por sorpresa. De hecho, ésta ha sido la palabra más repetida en los titulares de los medios de comunicación al referirse a Pablo Iglesias y a la candidatura que lidera, Podemos.

ACTUALIDADE

Pablo Iglesias responde a Floriano: "Tiene motivos para estar nervioso: les vamos a echar"


El líder de Podemos, Pablo Iglesias, ha respondido este lunes al vicesecretario de Organización del PP, Carlos Floriano, quién había asegurado que esta formación, "de extrema izquierda", fue la que rodeó su casa.

A GUARDA

O DÍA 2 DE XUÑO REMATA O PERÍODO VOLUNTARIO DE PAGAMENTO DOS RECIBOS DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA 2014


Ata o 21 de xullo encóntrase ó cobro os recibos correspondentes á Taxa de Auga 1º Trimestre 2014

 Oficina Xestión Tributaria / A Guarda


O vindeiro día 2 de xuño de 2.014 finaliza o período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ó Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2014.

         No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da mesma dirixíndose a Oficina de Xestión Tributaria (R/ Jose M. Andreini 6 Baixo – Teléfono: 986 609 067) ou a través da web do Concello de A Guarda (Trámites e impresos; Cartas de pagamento), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pagamento nin da vía executiva.

          A partires de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.

   Infórmase ademáis, que dende o pasado 20 de maio e ata o 21 de xullo encóntrase ó cobro os recibos correspondentes á Taxa de Auga 1º Trimestre 2.014.

A GUARDA

APRESENTAÇOM DO LIVRO

"COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCIÓN E FLUIDEZ
Sábado 31 de maio, ás 20h no Centro Social Fuscalho


C. S. Fuscalho / A Guarda

Este sábado teremos com nós a Carlos Callón apresentando o seu novo livro "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez". Será as 20h, achega-te!

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN FIXA AS DATAS DAS VINDEIRAS ACTUACIÓNS DE CANTANTES E GRUPOS MUSICAIS EN DIVERSAS LOCALIDADES DA PROVINCIA

·       Intervirán Ardebullo, Luis Emilio Batallán, Gustavo Almeida, Treixadura, Menú do Día nas Prazas, Roi Casal, María do Ceo, Oscar Ibáñez, Os Tres  Porquiños, Os Bolechas e Milladoiro
·       Os concertos de Amancio Prada en Pontevedra, Valga, Vilagarcía, Tui e Cangas constituiron un rotundo éxito
Os concertos impulsados pola Deputación de Pontevedra con destacados músicos e grupos reiniciaránse o vindeiro día 31 en Redondela coa actuación de Treixadura.
A Deputación destacou hoxe o rotundo éxito de público que tiveron as actuacións de Amancio Prada nos Auditorios de Pontevedra, Valga, Vilagarcía, Tui e Cangas, en datas do entorno do 17 de maio, para conmemorar o Días das Letras Galegas. En todas elas, o aforo dos Auditorios quedou desbordado para escoitar o espectáculo músico-teatral A Rosalía de Federico que puxo en escea o cantautor do Bierzo.
O Circuito de Actuacións levará a Luis Emilio Batallán o vindeiro 13 de xullo a Lalín e o 17 de agosto a Caldas de Reis.
Ardebullo actuará en Pontecaldelas o 1 de setembro e tamén en A Estrada e Ponteareas en datas ainda por determinar.
Treixadura, pola súa banda, actuará, ademais de en Redondela o vindeiro 31 de maio, en Barrantes (o 6 de xuño), A Estrada (o 26 de xuño), Vilanova de Arousa (o 8 de agosto) e A Cañiza (o 14 de agosto).
Gustavo Almeida ofrecerá un concerto no Museo de Pontevedra o 8 de agosto, unha vez que xa actuou en Redondela e Vigo.
Menú do Día (Budiño, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila) estarán en Marín o 7 de setembro, en Lalín o 19 dese mes e en Porriño nunha data ainda por concretar.
Roi Casal actuará en Sabucedo (A Estrada) o 4 de xullo e en Sanxenxo o 24 de agosto. A fadista María do Ceo ofrecerá tamén un concerto en Vilanova de Arousa o 10 de agosto. E Oscar Ibáñez actuará en Mos o 21 de xuño, en Moraña o 27 de xullo e en  Lalín o 12 de setembro.

Outros grupos do Circuito de Actuacións programado pola Deputación de Pontevedra, como Os tres porquiños, Os Bolechas e Milladoiro actuarán, respectivamente, en datas ainda sin determinar nas vilas de A Cañiza, Mos e O Rosal; Ponteareas e Cerdedo; e Ponteareas, Sanxenxo e Salvaterra. 

PSICOLOXÍA

Tirar la toalla nos conduce a la nada


Esta semana ha salido la noticia de que en España medio millón de personas en paro se encuentran tan desanimadas que ya no buscan trabajo. Este hecho se explica mediante la teoría de la indefensión aprendida que predice que, cuando una persona cree que no puede controlar las consecuencias de sus actos, deja de intentarlo…tira la toalla. Si piensa que haga lo que haga no va a cambiar nada ¿para qué seguir luchando?

PORTUGAL

Portugal fustiga os ''partidos da Troika'' 


A dereita ten o seu peor resultado (27,7%) nunhas eleccións onde o PS foi o máis votado, a CDU obtivo unha importante suba e irrumpiu o Partido da Terra. O BE baixou.

OPINIÓN

«Hijo mío, ¿ves este país? Pues antes todo esto era PPSOE» 

Una caída histórica de PP y PSOE en las europeas augura el principio del fin del bipartidismo

VIÑETA

Los votantes castigan el bipartidismo y ascenso espectacular de Podemos

    Santi Orue
    El Jueves

ALLARIZ (OURENSE)

AS VOSAS IMAXES

FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDINS ALLARIZ, 2014

Fotografías: Santiago Baz Lomba

CINEMA

"FLORES PARA AMALIA", DE NANI MATOS BARCIA, PARTICIPOU NO XIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE CORTOMETRAJES  CINE A LA CALLE, DE BARRANQUILLA (COLOMBIA)



Infogauda


 "Flores para Amalia", de Nani Matos Barcia, ven de ser presentada no XIV Festival Internacional de Cortometrajes CINE A LA CALLE, na cidade de Barranquilla (Colombia), xa que foi incluída na Programación Muestra Alterna. 

  A  curtametraxe do director de Camposancos (A Guarda), foi proxectada o xoves 15 de maio, na Academia de Arte y Cultura del Caribe.

 CINE A LA CALLE é un Festival Internacional de Curtametraxes levado a cabo de xeito completamente gratuita en espazos abertos do norte, centro e sur da cidade de Barranquilla. Así mesmo, CINE A LA CALLE coordina un circuito alternativo de exhibición nos principais centros educativos, culturais e barrios populares da cidade e programa anualmente un evento académico que convoca a importantes conferenciantes e ponentes da cinematografía nacional e internacional. Deste xeito, o Festival preséntase como un espazo aberto e democrático de apreciación e educación audiovisual que propicia o entretenimiento, a cultura e o encontro contribuíndo así ao mejoramiento dos niveis de sociabilidad nas comunidades

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICÍTALLE Á XUNTA DE GALICIA INFORMACIÓN SOBOR DO ESTADO EN QUE SE ATOPA O EXPEDENTE RELATIVO Á DESTRUCCIÓN DO PETO DE ÁNIMAS DE A GÁNDARA 

  O peto de ánimas, de A Gándara antes da intervención á que foi sometido
  Foto: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

         Con rogo da súa publicación, o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven se remesar á Redacción deste xornal dixital, á seguinte comunicación:

        O pasado día 30 de octubro do 2.013 e co Rexistro de Entrada nº 2013/1178 do Rexistro de Portelo ünico do Concello de O Rosal, se remitiu escrito a esa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre denuncia de data do 24 do mesmo mes e Rexistro de Entrada nº 5965 presentada no Concello de A Guarda, sobre uns feitos acaecidos contra un Ben de Interese Cultural como é o caso do Peto de Ánimas ubicado en A Gándara, Parroquia de Salcidos de este Concello.

            Dado que a día de hoxe non temos recibido ningunha notificación nin do Concello nin desa Consellería, e considerando que xa ten trancurrido un tempo prudencial para haber actuado as distintas Administración sobre o/s autor/es desa desfeita, e o abeiro da lexislación que nos ampara, escomenzando pola Constitución e logo polo Dereito a Transparencia e Acceso dos Cidadáns a Información Pública, tal e como se traslada a lexislación española os principios asentados polo Consello de Europa no Convenio para o Acceso a Documentos Oficiais de 2.008.

            Tendo en conta que foi dende este Grupo Político, na defensa dos bens públicos dende donde se fixo a denuncia diante das Administracións Públicas, en calidade de interesados vimos a solicitar se nos informe do Estado de Procedemento do Expediente (si se deu inicio a algún) sobre a destrucción do Peto de Ánimas de A Gándara.

            (Acampañamos copia da documentación presentada no seu momento).

A Guarda, a 21 de Maio  do 2.014

            
  Celso R. Fariñas                     

Xunta de Galicia
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Dirección Xeral de Protección de Patrimonio Cultural
Edificios Administrativos de San Caetano

ELECCIONS EUROPEAS 2014

O PP perde máis de 200.000 votos e a esquerda é maioritaria en Galicia


Papeletas nun colexio electoral de Compostela CC BY-SA Praza Pública

O PP venceu nas eleccións europeas deste domingo en Galicia co 35,2% dos votos pero descendeu en case quince puntos o seu apoio con respecto aos últimos comicios europeos de 2009. Gaña o Partido Popular pero a esquerda, máis diseminada ca nunca, é maioritaria no país nunha xornada electoral na que a sorpresa foi Podemos, que acadou o 8,3% dos votos e situouse como cuarta lista máis votada por riba do BNG

Os 'outros' en Galicia: Case 200 mil votos

As eleccións europeas son uns comicios que habitualmente tenden a dispersar o voto. A circunscrición única incrementa as opcións para as candidaturas minoritarias e o propio perfil das eleccións leva a facer un voto máis ideolóxico ou de simpatía ca ligado á xestión. Este domingo PP e PSOE só sumaron o 56,89% dos votos en Galicia (fronte ao 85,3% de hai cinco anos), pero de igual xeito un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas tamén a AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas.