CONVERXENCIA GALEGA SOLICÍTALLE Á XUNTA DE GALICIA INFORMACIÓN SOBOR DO ESTADO EN QUE SE ATOPA O EXPEDENTE RELATIVO Á DESTRUCCIÓN DO PETO DE ÁNIMAS DE A GÁNDARA
O peto de ánimas, de A Gándara antes da intervención á que foi sometido
Foto: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda
Con rogo da súa publicación, o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven se remesar á Redacción deste xornal dixital, á seguinte comunicación:
O pasado día 30 de octubro do 2.013 e co Rexistro de Entrada nº 2013/1178
do Rexistro de Portelo ünico do Concello
de O Rosal, se remitiu escrito a esa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
sobre denuncia de data do 24 do mesmo mes e Rexistro de Entrada nº 5965
presentada no Concello de A Guarda, sobre uns feitos acaecidos contra un Ben de
Interese Cultural como é o caso do Peto de Ánimas ubicado en A Gándara,
Parroquia de Salcidos de este Concello.
Dado que a día de hoxe
non temos recibido ningunha notificación nin do Concello nin desa Consellería,
e considerando que xa ten trancurrido un tempo prudencial para haber actuado as
distintas Administración sobre o/s autor/es desa desfeita, e o abeiro da
lexislación que nos ampara, escomenzando pola Constitución e logo polo Dereito a
Transparencia e Acceso dos Cidadáns a Información Pública, tal e como se
traslada a lexislación española os principios asentados polo Consello de Europa
no Convenio para o Acceso a Documentos Oficiais de 2.008.
Tendo en conta que foi
dende este Grupo Político, na defensa dos bens públicos dende donde se fixo a
denuncia diante das Administracións Públicas, en calidade de interesados vimos
a solicitar se nos informe do Estado de Procedemento do Expediente (si se deu
inicio a algún) sobre a destrucción do Peto de Ánimas de A Gándara.
(Acampañamos copia da
documentación presentada no seu momento).
A Guarda, a 21 de Maio do 2.014
Celso R. Fariñas
Xunta de Galicia
CONSELLERIA DE CULTURA,
EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Dirección Xeral de
Protección de Patrimonio Cultural
Edificios Administrativos
de San Caetano
Ningún comentario:
Publicar un comentario